CHOQUE INSTITUCIONAL
La Xunta insiste en traspasar de forma consensuada la AP-9
TRADICION
Este venres, tres novas palabras foron incorporadas ao Dicionario da Real Academia Galega co obxectivo de fomentar e difundir o coñecemento da lingua galega. As novas voces alfombreiro -a, auguista e lubre xa poden consultarse no Dicionario da Real Academia Galega.
O Seminario de Lexicografía acaba de incorporar a esta ferramenta en liña estas tres palabras, logo de valorarsen llos pedimentos da Asociación de Alfombristas do Corpus Christi de Ponteareas, o Concello de Mondariz Balneario e mais o grupo musical Luar na Lubre e Navia Franco Barreiro.
O director do Dicionario, Manuel González, agradécelles a todas as partes o interese manifestado para manter actualizada esta ferramenta en liña, obra fundamental para o estudo e coñecemento da nosa lingua.
Alfombreiro -a entra no dicionario cunha primeira acepción xeral referida a calquera persoa que fai, amaña ou vende alfombras e incorpora unha segunda que designa a quen “confecciona alfombras de carácter efémero con flores ou con outros elementos naturais, especialmente para manifestacións rituais ou relixiosas”.
O exemplo que a acompaña fai mención expresa á tradición de Ponteareas, onde veciños e veciñas deseñan e danlle forma a máis dun quilómetro de alfombras que engalana o domingode Corpus as rúas e prazas desta localidade do sur de Pontevedra.
A proposta de incorporar ao Dicionario a voz auguista, que identifica a “persoa que toma as augas ou os baños medicinais nun balneario”. O pedimento formalizouno o Concello de Mondariz Balneario, gran vila termal na Europa de comezos do século XX e que segue a ser hoxe en día un foco fundamental do termalismo en Galicia.
No referinte a lubre, o Dicionario define esta voz como “bosque sagrado onde os celtas celebraban os seus rituais relixiosos”. A palabra foi recollida con anterioridade en diversos dicionarios históricos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CHOQUE INSTITUCIONAL
La Xunta insiste en traspasar de forma consensuada la AP-9
LANCHA DE 400.000 EUROS
Un tráiler con una posible narcolancha queda encallado en el río Miño en Caminha
Lo último
MEDICINA FÍSICA Y REHABILITACIÓN
Lucía Ros Dopico, médico especialista: “Mi sueño es cambiar el paradigma de la discapacidad infantil”
DIA DE GALICIA
El Día de Galicia en el Centro Galicia de Buenos Aires