As escolas infantís gratuítas afórranlle 3.000 euros a máis de 32.000 familias
TERRITORIO DE REFERENCIA
Galicia converteuse nun territorio de referencia co liderado absoluto nas cifras de escolarización de 0 a 3 anos
A etapa educativa de 0 a 3 anos ocupa un lugar destacado dentro da acción política da Xunta durante os últimos anos. Deste xeito, Galicia converteuse en 2020 na primeira comunidade autónoma en aplicar a gratuidade de todas as escolas infantís para todas as familias con dous ou máis fillos.
Foi no curso 2022-2023 cando esta medida se ampliou ao 100% do alumnado e hoxe, cinco anos despois dos primeiros pasos desta iniciativa, e grazas ó compromiso do goberno galego a través da Consellería de Política Social, son máis de 32.000 as familias que poden acudir a unha escola infantil sen pagar nada pola atención educativa dos seus pequenos, independentemente do lugar no que vivan ou a titularidade da escola que elixan para a educación dos seus fillos (pública, de iniciativa social ou privada).
Iniciativa de referencia
Coa gratuidade destes centros, Galicia converteuse nun territorio de referencia no conxunto español a través dunha estratexia de antención ás familias exemplar para outras rexións. Non só a comunidade foi pioneira na posta en marcha desta medida, senón que hoxe goza dunha posición de liderado absoluto nas cifras de escolarización do colectivo de 0 a 3 anos.
En termos cuantitativos, isto tradúcese en case o 65% dos nenos e nenas desta idade matriculados nalgunha escola infantil do territorio galego, o que supón 15 puntos máis que a media estatal, equiparada a niveis de países europeos de referencia nas políticas sociais.
Para este obxectivo, a Xunta financia ó 100% a iniciativa -que continúa sen recibir apoio económico do Goberno central-, destinando 65 millóns de euros de fondos propios que fan posible a gratuitade, coa que as familias galegas acadan un aforro de máis de 3.000 euros por fillo.
Así, por cuarto curso consecutivo o obxectivo do Executivo autonómico a través de Política Social é que neste novo curso, que comezou de xeito oficial o pasado venres nos centros públicos dependentes da Xunta, Galicia siga sendo líder de escolarización infantil. De feito, dende a implantación do programa de gratuidade a porcentaxe de matriculacións neste primeiro ciclo de Educación Infantil aumentou en case 20 puntos.
Pero a medida non é pioneira só en termos de escolarización, senón que a comunidade autónoma mantense dentro do conxunto español como a que oferta o programa de gratuidade máis extenso, con oito horas diarias de atención educativa gratuíta durante once meses ó ano. Todo coa finalidade de que Galicia blinde a súa posición e siga sendo a comunidade autónoma cos mellores datos de escolarización neste primeiro ciclo de Educación Infantil.
Segundo estas cifras, o liderazgo de Galicia en materia de escolarización infantil permitiu aumentar significativamente a porcentaxe de matriculacións neste primeiro ciclo de Educación Infantil. Deste xeito, a comunidade autónoma convértese no territorio co programa de gratuidade máis completo e de referencia para o resto de comunidades.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
"VULNERADA LA IMPARCIALIDAD"
La nueva presidenta del Contencioso del TSXG aparta al juez Villares de la sección encargada de eólicos
QUEDÓ SEMIINCONSCIENTE
Herida grave una septuagenaria en Tomiño tras ser atacada por una decena de perros
Lo último