PATRIMONIO CULTURAL
Galicia recibe con honores a las esculturas de Carboeiro
A TOTAL NORMALIDADE EN TóDALAS ETAPAS EDUCATIVAS MARCA O INICIO DO CURSO NOS CENTROS DE ENSINO GALEGOS
Neste caso, máis de 200.000 estudantes ocupan as aulas nestas etapas educativas, sendo 67.591 alumnos e alumnas e 133.199 respectivamente, o que reflicte un descenso na primeira etapa e un mantemento das matrículas na segunda, segundo estimacións da Xunta de Galicia. Cómpre destacar que ditos datos son provisionais e que varían ao longo do curso. Deles 28.853 están matriculados na provincia de A Coruña; 25.699 son de Pontevedra; 6.678 de Lugo e 6.361 de Ourense, fronte aos 28.601; 26.003; 6.738 e 6.376 respectivamente do curso pasado en educación infantil. Por outra banda as mesmas previsións que manexa a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, indican que 133.199 alumnos e alumnas comezaron as clases de educación primaria en Galicia. Por provincias 55.426 están matriculados en A Coruña; 13.314 en Lugo; 12.757 en Ourense e 51.622 en Pontevedra. Fronte aos 55.147, 13.201, 12.680, 51.710 respectivamente do curso pasado.
O mesmo día do comezo de curso escolar empezaron a funcionar os servizos de transporte e os de comedor xestionados dende a Consellería. Ámbolos dous foron adaptados as necesidade existentes para o presente curso nos centros educativos. A Consellería de Educación volve deste xeito demostrar o seu interese polo benestar dos estudantes galegos, e a pesar da complicada situación económica que se vive nestes momentos fai un esforzo a prol das alumnas e alumnos.
ensino secundario
Días máis tarde voltaban as aulas os alumnos e alumnas de educación secundaria obrigatoria (ESO), bacharelato e ensinanzas de réxime especial nos centros educativos galegos. Un total de 146.321 estudantes comezaron as clases segundo os datos provisionais de matriculación, con 87.473 alumnas e alumnos na ESO e 30.854 en bacharelato. En disciplinas artísticas 10.561 estudantes comezan as clases do novo curso, 469 nas deportivas, e 16.964 nas ensinanzas para adultos. Outros que comezaron este mismo días son os alumnos dos ciclos formativos de Formación Profesional e dos Programas de Cualificación Profesional Inicial (PCPI) que se imparten nos institutos de educación secundaria (IES) e nos Centros Integrados de Formación Profesional (CIFP) de Galicia. Os datos de número de matriculados nestas ensinanzas coñeceranse nas vindeiras semanas, unha vez remate o prazo de matriculación de alumnas e alumnos na segunda adxudicación do período extraordinario de admisión.
Universidade
O acto de apertura do curso universitario celebrouse no salón nobre do Colexio de Fonseca, e contou coa presenza dos reitores das tres universidades galegas, Xosé Luis Armesto (UDC), Juan Casares (Universidade de Santiago de Compostela), e Salustiano Mato (Universidade de Vigo). Ademais no acto estivo presente, entre outras autoridades, o presidente do Consello Social da Universidade de Santiago, Manuel Puga. Na inauguración do curso universitario o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, reafirmou o compromiso cos estudantes e recordou que a responsabilidade de levar o SUG ata elevados índices de calidade e prestixio é unha tarefa compartida de todos os axentes pertencentes ao mesmo. Para este curso volvéranse a convocar as axudas complementarias que terán como novidade unha contía para os estudantes que obtiveran entre 5,5 e 6,5 nas probas de acceso á universidade. Galicia ten os prezos de matrícula máis baixos de todo o Estado grazas a aposta da Xunta pola universidade pública.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PATRIMONIO CULTURAL
Galicia recibe con honores a las esculturas de Carboeiro
LA MADRE DEL ACUSADO, HERIDA
Un hombre detenido en Navarra acusado de asesinar a su mujer
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Un accidente obliga a cortar la A-6 en ambos sentidos en Baralla
LIBERAR A LAS EXPLOTACIONES
La Xunta publica el plazo de solicitudes para que centros de embalaje puedan encargarse del marcado de huevos
Lo último
Sociedad de Promoción Exterior Principado de Asturias
Bruno López, director general de Asturex: “Exportar requiere paciencia, constancia y músculo económico”
FIESTA GASTRONÓMICA
A disfrutar del “xantar da cachucha”
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, sábado 21 de febrero?