DÍA DAS LETRAS GALLEGAS
Alfonso Rueda aposta por unha política de Estado para a lingua
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Miles de persoas mobilizáronse en Santiago de Compostela onte en defensa do galego e polo fin da “emerxencia lingüística” ao abeiro dunha convocatoria da plataforma Queremos Galego. A protesta, baixo o lema “O galego, lingua vital”, arrincou ao mediodía desde a Alameda compostelá e percorreu o centro da capital galega ata a Praza da Quintana, onde unha foliada puxo o broche final. Cun grupo de gaiteiros á cabeza e o bloque de Queremos Galego liderando, os participantes berraron consignas como “A Galiza, en galego!” ou “Nas aulas de Galiza queremos galego!”.
“A de hoxe (por onte) será unha manifestación multitudinaria na que a sociedade galega amosará o seu compromiso coa lingua e a vontade de que se restitúa en todos os ámbitos”, advertiu o portavoz de Queremos Galego e presidente de A Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira.
En declaracións aos medios desde a Alameda, asegurou chegar cos “deberes feitos” grazas ao protocolo Lingua vital, unha “alternativa colectiva” que conta con máis de 300 medidas destinadas a “reverter a emerxencia lingüística” e que pretenden que a Xunta de Galicia “copie”. Este foi un dos protagonistas da xornada, prestando o seu nome ao lema da marcha.
Preto das 13,00 horas, a Praza da Quintana, onde as consignas reivindicativas e a música non deixaron de soar, xa estaba chea. Desde o escenario, a organización chegou a falar dun “atasco” nos diferentes puntos de entrada. Alí houbo outra protagonista: Begoña Caamaño, a xornalista e escritora homenaxeada este ano, falecida en 2014. “Este 17 de maio é un pouco máis especial porque a persoa á que está dedicado tería estado aquí como unha máis”, asegurou a coordinadora de Queremos Galego, Celia Armas, que lembrou as críticas de Caamaño á “nefasta” política lingüística da Xunta. As palabras de Armas derivaron nun aplauso dos asistentes, que remataron ao berro de “Begoña Caamaño, patriota galega”.
Desde o escenario, chamou a “continuar a súa loita” e “a vivir todos os días en galego”: “A nosa lingua é tan válida como calquera outra”. Armas instou a que, ademais de manifestarse, se pode facer “moito” na vida diaria, con pequenos xestos como escoller o galego para as xestións administrativas. A Celia Armas seguiuna Marcos Maceira na quenda das intervencións, cun discurso no que perfilou a “emerxencia lingüística” como froito de “restricións” en diversos ámbitos e acusou a Xunta de Galicia, gobernada polo PP, de “incumprir o seu deber”. “Alfonso Rueda está a tempo de rectificar e de deixar de ser o único presidente que renega da lingua do seu país”, instou.
Ata a protesta acudiron representantes políticos, como a portavoz nacional do Bloque Nacionalista Galego, Ana Pontón, e o secretario xeral de Movemento Sumar Galicia, Paulo Carlos López. Durante a mobilización, ambos suxeitaron a mesma faixa de Queremos Galego. Pontón, líder da oposición no Parlamento de Galicia, acusou o PP dun “acoso e derrubo” ao galego durante 17 anos, que provocou un “momento crítico” para o idioma. Así, cualificou de fracaso o plurilingüismo e reclamou un “cambio de rumbo”. “O galego non é unha carga”, reivindicou. A nacionalista tamén acusou o novo goberno de Lugo, liderado por Elena Candia (PP) tras unha moción de censura, de “cargarse as políticas de apoio ao galego, dicindo que son unha carga”. O acto rematou coas intervencións da actriz Isabel Naveira, da presidenta da Asociación de Actores e Actrices da Galiza, Eva Forneas, da representante da Asociación para normalización do galego de Asturias, Natalia Jardón.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DÍA DAS LETRAS GALLEGAS
Alfonso Rueda aposta por unha política de Estado para a lingua
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Clamor en Santiago ante a emerxencia lingüística
Lo último
ASÍ VOTARON LOS ANDALUCES
Los resultados de las elecciones en Andalucía 2026: el PP ganaría, pero sin mayoría absoluta