A defensa de Fernando Blanco di que 'non hai caso' e pedirá o seu arquivo
O avogado defensor do exconselleiro e exdeputado do BNG Fernando Blanco, Xoán Antón Pérez Lema, sinalou hoxe que 'non hai caso' contra o seu cliente en relación coa chamada 'Operación Campeón', e anunciou a súa intención de pedir o arquivo da causa.
Así o sinalou Pérez Lema despois de concluír a declaración de Blanco, imputado neste caso, ante un xulgado de Lugo, tras a que o exparlamentario dixo sentirse en situación de indefensión a causa do segredo de sumario.
A este respecto, a súa defensa anunciou que presentará un recurso ante a audiencia provincial para que sexa levantado.
A declaración do exconselleiro prolongouse durante aproximadamente unha hora. Non obstante, a súa saída do xulgado demorouse porque lle foi entregada para asinar en castelán e esixiu que se traducise ao galego.
O exparlamentario chegou pouco antes das dez da mañá á sede dos xulgados de Lugo para declarar ante a instrutora da ?Operación Campeón', Estela San José, sobre as súas relacións co empresario Jorge Dorribo.
Blanco dimitiu no pasado 5 de outubro, ao día seguinte de que o diario El Mundo publicase parte da suposta declaración do propietario da Nupel e principal procesado, o empresario Jorge Dorribo, ante a instrutora do caso, en que o acusaba de cobrar comisións irregulares en troca dun trato de favor para as súas empresas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SEGUIMIENTO ESPACIAL
Una NASA mucho más próxima
OBSERVATORIO DE LA INMIGRACIÓN
La población extranjera se duplicó en Galicia en 13 años
Lo último