RESCATE EN LA PLAYA
Yolanda y Miguel, dos héroes anónimos que jugaban a vóley en Vigo
Tribuna
O Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular é unha asociación de cooperación de municipios urbanos, actualmente integrada por 39 cidades de Galicia e do Norte de Portugal e que leva desenvolvido un produtivo traballo de estímulo á cooperación transfronteiriza entre estes territorios, sendo incluso unha das principais referencias a nivel da Unión Europea.
Ó longo dos seus 28 anos de historia, a composición do Eixo Atlántico sufriu modificacións puntuais –froito dos cambios nas prioridades de diferentes liderados municipais– pero o sentido xeral foi sempre de crecemento, como o demostran as catro novas admisións que se formalizarán en 2021, nas que se inclúen as cidades portuguesas de Gondomar e Amarante, a galega de Ponteareas e a Deputación de Ourense.
Dende o punto de vista programático, o Eixo sempre se declarou como unha estrutura representativa deste extenso territorio que compón a Eurorrexión, tanto na interlocución coas estruturas de goberno europea, nacionais e rexionais, como na promoción de accións de colaboración entre os seus membros.
Do deporte á cultura, do medio ambiente ó turismo, das infraestruturas ás políticas inmateriais, o Eixo Atlántico acumula un amplo programa de iniciativas, estudos e propostas públicas, marcadas polo seu coñecemento profundo da realidade que representa, polo espírito innovador e pola capacidade de mobilizar diferentes socios.
Nesta mesma senda, con atención ós desafíos resultantes da pandemia, con especial impacto nas dinámicas urbanas, o Eixo Atlántico organizou o pasado mes de setembro a primeira Conferencia de Alcaldes, en Pontevedra, nun acto que contou tamén coa contribución de varios especialistas de alto nivel , como o ex comisario europeo Carlos Moedas.
No documento que sintetiza as principais conclusións deste encontro, presentado na semana pasada, o Eixo reclama unha maior valorización do papel das cidades, o estímulo ós procesos de sondaxes ós cidadáns, un novo modelo de gobernanza que respecte o principio da subsidiariedade entre os varios niveis da Administración e que comparta os recursos dispoñibles nas dotacións financeiras europeas.
Só así será posible promover unha recuperación económica máis rápida, cidades máis verdes, máis dixitais e intelixentes, máis unidas e con mellor calidade de vida. Este é o camiño do cal o Eixo Atlántico quere continuar a formar parte, contando coa colaboración de todos, e apoiando incondicionalmente a todos aqueles que pugnen tamén polo desenvolvemento pleno da Eurorrexión e pola xusta materialización das súas aspiracións.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
RESCATE EN LA PLAYA
Yolanda y Miguel, dos héroes anónimos que jugaban a vóley en Vigo
ALARMA DE UN PARTICULAR
Trasladadas dos personas tras un incendio en la cocina de una vivienda en Ribadeo
ENTRE 2017 Y 2025
Indemnizaciones por casi 730.000 euros en los incendios en Galicia
Aprovechamiento del agua
Gráficos | Radiografía de los embalses en Galicia, ¿una solución ante la sequía?
Lo último
FESTA DA XUVENTUDE
Bousés arranca tres días de festa impulsados pola súa mocidade
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Tontos útiles
Fernando González
DESCUBRINDO A BIBLIA EN OURENSE
Tensión e cansazo
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Después del Código Hays