A fábrica galega de IA estará especilizada no eido da saúde
NODO TECNOLÓXICO
Rueda destaca que acadou a terceira mellor puntuación entre todos os proxectos europeos
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou que a futura fábrica de intelixencia artificial 1HealthAI suporá un paso decisivo para consolidar Galicia como un nodo tecnolóxico estratéxico a nivel europeo. Será a factoría de IA máis especializada das 19 existentes en Europa, situando a comunidade nunha posición destacada no ámbito da innovación. O proxecto está liderado polo Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) e coliderado polo CSIC, contando con amplo respaldo institucional e científico.
A fábrica 1HealthAI especializarase na aplicación da intelixencia artificial á saúde humana, animal e ambiental baixo o enfoque One Health, promovendo unha visión integrada destes ámbitos. Conseguiu a terceira mellor puntuación entre proxectos europeos e mobiliza un investimento de 82 millóns de euros. Participan as tres universidades públicas galegas, o centro tecnolóxico Gradiant, o hub Datalife e outros axentes do ecosistema de I+D+i galego, español e europeo, reforzando o carácter colaborativo do proxecto.
Rueda subliñou que a adxudicación da fábrica para Galicia é un éxito colectivo, froito da cooperación entre administracións e entidades investigadoras, e marca un novo ciclo de innovación. Destacou que o proxecto xerará emprego cualificado, atraerá talento e ofrecerá aplicacións relevantes para o ámbito sanitario e ambiental, como apoio á vixilancia epidemiolóxica, predición de biotoxinas nas rías, avance da medicina de precisión e mellora da detección temperá de incendios.
Outro obxectivo será potenciar a competitividade de startups e empresas emerxentes, permitindo desenvolver solucións baseadas en IA con maior eficiencia grazas a capacidades tecnolóxicas avanzadas e acceso a datos de calidade. Rueda incidiu en que estes avances deben chegar a sociedade, pemes e tecido económico, garantindo un impacto transversal que trascienda o ámbito científico. No marco desta aposta pola tecnoloxía, o presidente destacou o potencial da intelixencia artificial e a necesidade de que Galicia se prepare para aproveitar as oportunidades que ofrece.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
"VULNERADA LA IMPARCIALIDAD"
La nueva presidenta del Contencioso del TSXG aparta al juez Villares de la sección encargada de eólicos
QUEDÓ SEMIINCONSCIENTE
Herida grave una septuagenaria en Tomiño tras ser atacada por una decena de perros
Lo último