PATRIMONIO CULTURAL
Galicia recibe con honores a las esculturas de Carboeiro
Cultura
O rapeiro Valtonyc participará na programación do Festigal 2018 para reivindicar a liberdade de expresión e "contra a involución democrática provocada pola lei mordaza e a represión contra o activismo social, político e sindical e o independentismo catalán".
A organización deste festival, que celebra os seus concertos o día 24 de xullo, na véspera do Día de Galicia, anunciou este nome para o seu cartel a través dun comunicado de prensa.
De forma paralela, a través das redes sociais, colgou un vídeo gravado polo propio Valtonyc no que este agradece a invitación aínda que recoñece que "a día de hoxe" non sabe "se poderá ser" porque "seguramente" xa estará en prisión.
"Se non puidese ser, mándovos todas as miñas forzas na loita", sinala no vídeo o rapeiro Josep Miquel Arenas, coñecido como Valtonyc, cuxa defensa anunciou nos pasados días que presentará alegacións para pedir a suspensión da pena de tres anos de cárcere á que foi condenado por delitos de enaltecemento do terrorismo, calumnias e inxurias graves á Coroa, e ameazas polo contido dalgunhas das súas cancións publicadas en Internet.
O balear ten 14 discos publicados con letras de ideoloxía anticapitalista, republicana e antifascista. O Festigal destaca que deste xeito se suma á trintena de festivais, entidades e salas queexpresaron "o rexeitamento a esta vulneración do dereito á liberdade de expresión" e que acordaron incluír nas súas programacións concertos de Valtonyc, "como maneira de solidariedade, ante a involución democrática do Estado español".
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PATRIMONIO CULTURAL
Galicia recibe con honores a las esculturas de Carboeiro
LA MADRE DEL ACUSADO, HERIDA
Un hombre detenido en Navarra acusado de asesinar a su mujer
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Un accidente obliga a cortar la A-6 en ambos sentidos en Baralla
LIBERAR A LAS EXPLOTACIONES
La Xunta publica el plazo de solicitudes para que centros de embalaje puedan encargarse del marcado de huevos
Lo último
Sociedad de Promoción Exterior Principado de Asturias
Bruno López, director general de Asturex: “Exportar requiere paciencia, constancia y músculo económico”
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
Escavacións arqueolóxicas nas orixes de Ourense: As Burgas (II)
CLAVES PARA UNA VIDA LARGA
Calidad de vida, alimentación de próximidad y ser activos mejoran la longevidad en Ourense