LOTERÍA DE NAVIDAD
Una lluvia de 10 millones de euros en A Coruña con el tercer premio
Día de Galicia
Soa o himno galego en San Domingos de Bonaval. No escenario, unha muller de aparencia fráxil, sentada, que non prostrada, na súa cadeira de rodas, entoa emocionada o poema de Pondal, namentres agarra con forza a Medalla Castelao que repousa sobre o seu peito.mSusi Seoane vén de recibir de mans do Presidente Alfonso Rueda o galardón
que recoñece o bo facer de Agaela, a Asociación Galega de Afectados da ELA.
Comparte esa honra con Víctor Freixanes, expresidente da Real Academia Galega e recoñecido defensor e promotor da nosa lingua; Rosa Rodríguez, doutora de acreditada traxectoria, que insiste en recibir o recoñecemento en nome dos profesionais de atención primaria da sanidade pública galega; Emilio Pérez Nieto, patriarca dunha familia de emprendedores de acreditado compromiso co país; e, coma non, cos integrantes de Luar na Lubre, referente incontestable da cultura galega. Sen dúbida, todos eles merecentes do recoñecemento que se lles entrega no aniversario do regreso dos restos do Alfonso Daniel Rodríguez Castelao a Galicia, para repousar eternamente no lugar que lle corresponde, o Panteón das galegas e galegos ilustres.
Na súa intervención, a nosa protagonista pronuncia un discurso por momentos conmovedor, brillante, sempre inspirador, no que nos fai partícipe das dificultades diarias que padecen os pacientes de ELA e as súas familias, e de como, lonxe de renderse, continúan a traballar para facer realidade a esperanza dun merecido recoñecemento por parte das administración públicas, en forma das axudas imprescindibles para aliviar o seu sufrimento.
No ano no que conmemoramos o 75 aniversario do pasamento de Castelao, Susi non esquece citar ao ilustre rianxeiro: “O verdadeiro heroísmo consiste en trocar os anceios en realidades, as ideas en feitos”. As mulleres e homes de Agaela son exemplo dese heroísmo, e conseguiron a través do seu traballo e do diálogo permanente co Goberno galego que Galicia se teña convertido na primeira comunidade autónoma de toda España en articular unha liña de axudas para os afectados de ELA.
Escoitando o vibrante discurso da nosa protagonista, dou en pensar como valoraría Castelao a realidade da Galicia dos nosos días. Que sentiría ao entrar no Parlamento galego ou na Xunta de Galicia? Como valoraría que aquel país polo que tanto loitou, goce hoxe das maiores cotas de autogoberno? Que pensaría ao comprobar que Galicia deixou atrás o seu secular empobrecemento para converterse nunha terra de próspero presente e de esperanzador futuro? Como valoraría que a produción artística na lingua galega, parte imprescindible da educación de todos os nenos galegos, acade innumerables recoñecementos alén das nosas fronteiras?
Teño o convencemento de que don Alfonso, posuidor dun espírito indomable, estaría lonxe de conformarse; que continuaría a traballar arreo para acadar unha Galicia máis puxante, máis próspera e máis recoñecida. Pero, estou igualmente convencido de que unha bágoa de emoción percorrería o seu rostro ao comprobar cantos dos seus soños se tornaron realidades…
Penso que hai moito de Castelao no espírito de Agaela, do mesmo xeito que hai moito de Agaela no sentir de Castelao. Comparten a inquebrantable rebeldía fronte a inxustiza e o permanente compromiso coa esperanza, do mesmo xeito que confían na palabra, no diálogo e no acordo como ferramentas imprescindibles para transformar os anceios en realidades, as ideas en feitos.
Como a nosa protagonista nos lembrou, a súa enfermidade impediulle poñerse en pé para agradecer a Medalla Castelao, pero nada impedía que cantos tivemos o privilexio de escoitala nos erguésemos para recoñecer o seu exemplo de coraxe. Un exemplo para seguir facendo realidade a Galicia que soñamos.
Feliz día de Galicia!
Contenido patrocinado
También te puede interesar
LOTERÍA DE NAVIDAD
Una lluvia de 10 millones de euros en A Coruña con el tercer premio
LOTERÍA DE NAVIDAD
Un quinto que sabe a gloria en Pontevedra: casi tres millones
EXPOSICIÓN INTERNACIONAL
Más de 34.000 personas visitaron “Wonderland” de Annie Leibovitz
Lo último
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, martes 23 de diciembre?
ESQUELAS DE OURENSE
Las esquelas de este martes, 23 de diciembre, en Ourense
CONSULTA EL DOCUMENTO
Hacienda congela, otra vez, los fondos al Concello de Ourense