QUINTA COMUNIDAD CON MÁS LETRADOS
La demanda de justicia gratuita aumentó un 4,8% en Galicia en 2025
VIAXE OFICIAL
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, continúa a súa viaxe oficial pola Arxentina e O Uruguai, que o levou a reunirse co ministro de Trabajo y Seguridad Social uruguaio, Mario Aristi, para establecer sinerxías en materia de emprego tendo en conta non só o importante papel do empresariado galego afincado no país no desenvolvemento da súa economía, senón tamén as posibilidades de crecemento que ofrece a colaboración entre ambas administracións.
Entre as cuestións que trataron, na compañía tamén da delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez Alonso, incluíuse a estratexia que fixo a Galicia merecedora do recoñecemento como Rexión Emprendedora Europea 2025. Dita estratexia, segundo explicaron os representantes galegos, fundaméntase en medidas como a Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego do Goberno autonómico que con 14 centros activos na actualidade está conseguindo dinamizar a economía galega e fixando poboación, especialmente no rural.
Así mesmo, os representantes do executivo uruguaio amosaron interese pola ferramenta EMi de intelixencia artificial pioneira en España e en Europa e que -aplicada nas 54 oficinas de emprego da nosa Comunidade- está axudar a casar oferta e demanda en tempo real, para dar resposta ás necesidades concretas de perfís profesionais das nosas empresas. O conselleiro e o secretario xeral da Emigración, xunto á delegada da Xunta, tamén mantiveron unha reunión con representantes da Asociación de Empresarios Gallegos del Uruguay (AEGU).
Contenido patrocinado
También te puede interesar
QUINTA COMUNIDAD CON MÁS LETRADOS
La demanda de justicia gratuita aumentó un 4,8% en Galicia en 2025
CUATRO COCHES IMPLICADOS
Cinco heridos y un coche a la fuga después de causar el accidente urbano en Santiago de Compostela
INVESTIGACIÓN ABIERTA
Localizado un cadáver cerca del puerto de Tragove, en Cambados
Lo último
INVESTIGACIÓN ARQUEOLÓGICA
La Cova do Santo abre nueva etapa arqueológica
José Manuel Torralba
El pegamento de la Sagrada Familia
José Manuel Salgado Pérez
¡León XIV “de España”!
POSICIONAMIENTO "PREMIUM"
Madrid afianza su liderazgo europeo en inversión hotelera