ELECCIONES GENERALES 29-N
Casi un tercio de los diputados gallegos en el Congreso no repetirán escaño
CONSELLERÍA DE SANIDADE
O Consello da Xunta deulle o visto bo ao informe sobre a Estratexia galega reduce radón, iniciativa pioneira a nivel nacional da Consellería de Sanidade, impulsada co obxectivo de desenvolvela no período temporal 2025-2030 para reducir o nivel de exposición da cidadanía a este gas.
O gas radón é especialmente abundante en Galicia debido, entre outras cousas, ao alto contido en granito do subsolo. A súa concentración en ambientes interiores depende da área xeográfica e do nivel de illamento das construcións. A exposición continuada a niveis elevados de radón no interior das vivendas é o segundo factor de risco despois do tabaco para padecer cancro de pulmón e o primeiro, no caso de persoas que nunca fumaron.
A Estratexia galega reduce radón con dous obxectivos principais: reducir os niveis deste gas en ambientes interiores para manter os límites de exposición de acordo coa normativa europea e española; e previr e controlar as consecuencias para a poboación galega da exposición ao radón en ambientes interiores. A estratexia presentarase nun acto público o vindeiro 7 de novembro coincidindo co Día europeo do radón.
A Estratexia galega reduce radón estrutúrase en cinco eixes estratéxicos para acadar unha Galicia menos exposta a niveis de radón nos ambientes interiores.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ELECCIONES GENERALES 29-N
Casi un tercio de los diputados gallegos en el Congreso no repetirán escaño
Lo último
SEGUNDA FEDERACIÓN
Buen punto del Ourense CF ante el Bergantiños (1-1)
PRESUPUESTO DE 400.000 EUROS
A Veiga mejora los servicios destinados a emprendedores
Román Pedreira Jordedo
DIARIO LEGAL
¿Puede un copropietario al 50 % solicitar el desahucio por impago pese a la oposición del otro?
DESFILE DE SAMAÍN
Galería | Ribadavia mete miedo con su Noite Meiga