Irisarri repetirá como candidato á alcaldía ferrolá
A executiva socialista de Ferrol, na asemblea mantida onte, elixiu 'por unanimidade' a Vicente Irisarri, actual rexedor, como candidato único á alcaldía da cidade, decisión que terá que ser ratificada o próximo 1 de outubro en asemblea de militantes.
A secretaria de Organización do PSOE, Beatriz Sestayo, confirmou a candidatura de Irisarri 'sen que haxa primarias' e co obxectivo de que poida continuar o seu proxecto político' e poida dar 'estabilidade' á cidade. Desta forma, entérranse as supostas discrepancias entre os dous grupos de socialistas ferroláns, separados entre os que defendían ou rexeitaban a xestión e o liderado de Irisarri.
O candidato a encabezar a lista do PSdeG en Ferrol mostrouse 'enormemente agradecido' polo apoio da executiva e asegurou sentirse 'totalmente avalado'. Irisarri comprometeuse a 'esforzarse para seguir sendo o alcalde dos ferroláns' e asegurou sentirse, de momento, 'máis alcalde que candidato'. Irisarri admitiu que 'en Ferrol se desenvolvera todo o debate que a liberdade aconsella'.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PATRIMONIO CULTURAL
Galicia recibe con honores a las esculturas de Carboeiro
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Un accidente obliga a cortar la A-6 en ambos sentidos en Baralla
LIBERAR A LAS EXPLOTACIONES
La Xunta publica el plazo de solicitudes para que centros de embalaje puedan encargarse del marcado de huevos
Lo último
Sociedad de Promoción Exterior Principado de Asturias
Bruno López, director general de Asturex: “Exportar requiere paciencia, constancia y músculo económico”