Manifestación multitudinaria en defensa do galego ante a "emerxencia lingüística extrema" en Santiago
PRIMEIRAS VOCES POLÍTICAS
Este domingo, as rúas de Santiago de Compostela albergaron una manifestación en defensa do galego
Milleiros de persoas manifestáronse este domingo en Santiago de Compostela para defender o galego ante a "emergencia lingüística extrema" que denuncian colectivos políticos, sindicais e sociais. Convocada pola Plataforma Queremos Galego, a protesta percorreu a cidade ata a Praza do Obradoiro co lema Lingua vital xa!.
O voceiro de Queremos Galego, Marcos Maceira, criticou a "falta de compromiso real" da Xunta coa lingua galega e esixiu "medidas urxentes" no ensino, na cultura e nos servizos públicos. Durante a marcha, escoitáronse cánticos como A lingua non se vende, aquí está o pobo que a defende.
Ademáis, destacou que fronte á mobilización que houbo en novembro, o goberno decidiu reaccionar "pero só en aparencia". Neste sentido, sinalou que convocaron unhas comisións "con absoluta opacidade".
Declaracións de Pontón y Besteiro
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, reivindicou que a manifestación "ten que significar un punto e aparte para deixar atrás as políticas lingüicidas do PP".
Asimesmo, Pontón pediu ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, "que deixe de negar a realidade, que deixe de manipular os datos oficiais e que escoite o clamor que sente Compostela a favor do galego".
Pola súa parte, o secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, pediu ao presidente da Xunta que "escoite a mensaxe clara" dos galegos e reivindicou que "sen lingua non hai país".
"A mobilización non é contra ninguén, senón a favor da lingua e, sobre todo, é unha mensaxe clara á Administración que ten a competencia nesa materia e, especialmente , ao PP", sinalou.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ANTE LOS NUEVOS DESAFIOS
Borrado de huella digital y educación en la red destacan en el proyecto de ley digital de la Xunta
Lo último