CIDADE DA CULTURA
Galicia abre la gran muestra de oro antiguo del noroeste
Voz Audiovisual e Grupo Ganga Producións chegaron a un acordo de colaboración para levar á ficción a vida do político recentemente falecido nun proxecto que non descartan que se complete cunha longametraxe para a gran pantalla.
As produtoras da ficción, que encara a súa fase de desenvolvemento, manteñen de momento en segredo o elenco principal de actores e contan co visto bo da familia Fraga á hora de formular tanto a estrutura como as principais liñas argumentales, así como para asegurar o contraste e a exactitude de información que se manexe.
Igualmente contarase coa colaboración e os testemuños dos principais coetáneos políticos do político galego, dentro dos labores de contextualización e documentación que se utilizarán para o desenvolvemento dos guións.
Ademais dalgunhas localizacións no estranxeiro, o groso da produción que volve unir a Grupo Ganga e Voz Audiovisual levarase a cabo en escenarios de Madrid e de Galicia.
E é que estas dúas produtoras xa colaboraron con anterioridade en dúas series de ficción de éxito emitidas por Televisión Española: 'Desaparecida' e 'U.C.O. (Unidade Central Operativa)'.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CIDADE DA CULTURA
Galicia abre la gran muestra de oro antiguo del noroeste
MITIN EN GALICIA
Sánchez, en Santiago: “Lo que necesita España es buena educación”
Lo último