QUINTA COMUNIDAD CON MÁS LETRADOS
La demanda de justicia gratuita aumentó un 4,8% en Galicia en 2025
Día das Letras Galegas
Francisco Fernández del Riego é autor dunha extensa obra. A súa sinatura está presente en máis de 150 monografías, traballou como prologuista, editor literario ou tradutor en case un cento de títulos e asinou máis de 4.000 colaboracións en publicacións periódicas. A relación que se ofrece deseguido é só unha escolma da súa produción e doutros títulos sobre a súa figura e o seu legado.
Entre os seus libros destacan ensaios sobre a cultura e a literatura galegas como “Historia da literatura galega” (1951), “Galicia no espello” (1954), “Diccionario de escritores en lingua galega” (1990), “A xeración Galaxia” (1996) e “Letras do noso tempo” (1974).
En 1949, Francisco Fernández del Riego publica o seu primeiro libro, “Cos ollos do noso esprito”, editado pola Federación de Sociedades Gallegas de Buenos Aires. Un exemplo de como foi un punto de unión entre os galegos da diáspora e do exilio interior.
En 1954, tamén en Arxentina publicou “Galicia no espello”. Nesta etapa da súa actividade divulgativa tamén publicou “ Danzas populares gallegas” e colaboraba na revista Galicia, órgano do Centro Gallego de Buenos Aires, e na revista Galicia Emigrante.
A primeira edición de “Historia de la literatura galelga” sae en 1951 e anos despois se traduciría ao galego e se convertería nun libro referencial durante moitos anos. Trátase dun amplo estudo da historia da literatura galega desde as súas orixes até finais do século XX.
Escolma de textos e introdución biográfica de Vicente Risco realizadas por Francisco Fernández del Riego co gallo do Día das Letras Galegas de 1981. A obra recolle a prosa narrativa de Risco, ensaios e crónicas do autor de “O porco de pé” así como un repaso a súa bibliografía e figura.
En 1974 publica un libro moi querido por el “Letras do noso tempo”, un completo ensaio sobre a cultura e a literatura galega do noso tempo. Unha das numerosas monografías do autor de Lourenzá.
En 1996, Fernández del Riego publicou “A xeración Galaxia”. Este libro é a crónica interna e externa, obxectiva e emocionada, daquela singular tarefa de reconstrución contada por un dos seus principais protagonistas.
En 1983 publícase “Ánxel Casal e o libro galego”. Editor e alcalde de Santiago de Compostela foi asasinado en 1936 polos golpistas. Neste libro, Del Riego salienta a importancia do seu labor para a literatura galega.
En 1992, se publicó “O cego de Pumardedón”. Mauro, o protagonista, converxe en dous tempos unha vida que ben pode ser a historia propia de tantos. O escritor aparece con toda a súa sabedoría acumulada.
Nesta obra publicada por Xerais en 1994, Fernández del Riego propón unha vizosa viaxe organizada en doce itinerarios co fío argumental que lle brindan uns amigos bretóns que veñen visitar o noso país.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
QUINTA COMUNIDAD CON MÁS LETRADOS
La demanda de justicia gratuita aumentó un 4,8% en Galicia en 2025
CUATRO COCHES IMPLICADOS
Cinco heridos y un coche a la fuga después de causar el accidente urbano en Santiago de Compostela
INVESTIGACIÓN ABIERTA
Localizado un cadáver cerca del puerto de Tragove, en Cambados
Lo último
INTERVENCIÓN MILITAR
Trump no descarta activar en Cuba operativos similares al practicado en Venezuela
Plácido Blanco Bembibre
HISTORIAS INCREÍBLES
Los peces no lo son sino cariños bajo el agua
La Región
Ourense no puede vivir permanentemente cortada
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este domingo, 21 de junio