A SITUACIÓN DO GALEGO
O pacto pola lingua comeza as negociacións sen o BNG
A SITUACIÓN DO GALEGO
“O primeiro que teñen que facer é dar un paso adiante, cambiar a súa actitude e incorporarse ao proceso de diálogo. A min non me cabe ningunha dúbida de que, unha vez estean dentro dese proceso e teñamos un traballo honesto arredor deses acordos, o presidente da Xunta reunirase cos representantes das formacións políticas para pechar un gran acordo de país pola lingua”, dixo onte o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, emprazando ao BNG a se sumar ás negociacións do pacto pola lingua.
Mentres, no Parlamento, representantes do PPdeG, do PSdeG e de DO iniciaban cunha reunión os primeiros contactos para analizar a proposta de actualización do Plan Xeral de Normalización Lingüística de 2004 presentado a semana pasada pola Xunta.
O día anterior, Ana Pontón, a portavoz nacional do Bloque, tiña pedido unha reunión”ao máis alto nivel” co presidente da Xunta, Alfonso Rueda, como pórtico dos traballos. “Este é un plan do Goberno, por iso esperamos que Rueda acepte a proposta e deixe de esconderse neste asunto”, manifestara Pontón ao tempo que a portavoz parlamentaria dos nacionalistas, Olalla Rodil, insistía en que a proposta do BNG era una reunión “bilateral” entre Rueda e Pontón.
Mais o PSdeG si acudíu á convocatoria dos grupos no Parlamento. E ao remate do encontro, a socialista Silvia Longueira asegurou que o seu grupo ten a intención de facer as achegas que entenden que poden mellorar o texto, así como “ampliar e analizar en profundidade o documento”.
O responsable autonómico de Lingua, José López Campos, lamentou o que, ao seu xuízo, foi unha “oportunidade perdida” por parte do Bloque, que, segundo lembrou, “abandonou de forma voluntaria este proceso hai ano e medio”. Neste sentido, insistiu en que, até que conclúa o proceso actual de negociación, teñen a porta aberta para reincorporarse.
López Campos considera que o Bloque se descolgou deste proceso cunha “escusa de mal pagador”, en referencia ao cara a cara entre Pontón e Rueda, e que “non está en condicións de esixir”. Deste xeito, emprazouno a incorporarse ás negociacións. “Unha vez dentro, esa situación producirase”, precisou.
Antes de que rematase o encontro celebrado no Parlamento de Galicia, tamén se pronunciou sobre este asunto o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deporte, Diego Calvo, quen se reafirmou en que o foro para debater a proposta de actualización do Plan de Normalización debe ser o Parlamento. Tamén insistiu na necesidade de acadar “o máximo consenso posible”. A proposta da Xunta baséase “nun plan participativo e con 700 medidas que abranguen todos os ámbitos da sociedade e contan cun foco especial na integración lingüística da mocidade galega e na presenza do idioma na revolución tecnolóxica”, lembrou.
Agora, os grupos volveranse a reunir o vindeiro martes, 28 de xullo, no Pazo do Hórreo, coas primeiras achegas ao documento.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
A SITUACIÓN DO GALEGO
O pacto pola lingua comeza as negociacións sen o BNG
PRESENTE EN 100 PAÍSES
Mónica Sada, de UNICSKIN, gana el Premio Empresaria de CaixaBank en la Comunidad de Madrid
5.000 NACIDOS EN 2026
Gráfico | Los nacimientos en Galicia caen este año un 3,7% respecto a 2025
Lo último
LAS FIESTAS SIGUEN EN PIE
Kiko Rivera cancela su gira a dos días de actuar en Amoeiro por un grave problema de salud