El Parlamento gallego se suma a la petición de "Dereito ao tren" para que el tren pare en A Gudiña
FRECUENCIA DE TRENES EN A GUDIÑA
Urge garantizar conexiones útiles adaptadas a las necesidades de la población de la zona de influencia de la estación de A Gudiña, subraya el manifiesto institucional
El Parlamento de Galicia ha aprobado por unanimidad un manifiesto institucional que asume como propio el texto presentado por la plataforma en la multitudinaria manifestación del pasado 2 de agosto en A Gudiña. Así lo ha comunicado el presidente del Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, con la lectura pública de dicho manifiesto en la cámara autonómica.
Con esta adhesión, el Parlamento de Galicia en bloque, y en nombre de toda la representación ciudadana de la comunidad gallega, se une a la petición popular que reclama al Ministerio de Transportes la inmediata reordenación de los horarios ferroviarios, con el fin de garantizar conexiones útiles adaptadas a las necesidades de la población de la zona de influencia de la estación.
Este apoyo llega en un momento de creciente indignación social ante unos horarios ferroviarios que, a pesar de la existencia de líneas de alta velocidad, resultan totalmente inoperativos para la ciudadanía. Los trenes llegan o salen a horas que impiden utilizar el servicio para trabajar, estudiar, acudir a una cita médica o realizar gestiones básicas, reduciendo así la infraestructura ferroviaria a una herramienta inútil para el día a día. “Sin horarios útiles, el tren es una infraestructura muerta. Y una infraestructura muerta es símbolo de abandono. No lo vamos a permitir", advierten desde la Plataforma.
Pedimos: A adaptación dos horarios ás necesidades da poboación. O restablecemento das frecuencias eliminadas. Apostar por un servizo público ferroviario útil.
DECLARACIÓN INSTITUCIONAL DEL PARLAMENTO DE GALICIA
La declaración institucional del Parlamento de Galicia en apoyo al Manifiesto de la Plataforma "Dereito ao Tren" y que el presidente del Parlamento Miguel Santalices leyó en la cámara autonómica dice así:
A estación da Gudiña-Porta de Galicia dá servizo de tren ao territorio do oriente de Ourense, que inclúe as comarcas da Limia, Terra de Trives, Valdeorras, Verín e Viana, e facilita a comunicación co Norte de Portugal.
Os horarios dispoñibles na devandita estación ata o pasado 9 de xuño de 2025 permitían desprazarse para acudir a unha consulta médica, para realizar xestións administrativas e para diferentes casos de uso relacionados co emprego, a educación, o turismo rural e o desenvolvemento local, o emprendemento, a conciliación familiar e un longo etcétera. En definitiva, tratábase duns horarios que posibilitaban á poboación exercer o seu dereito de mobilidade e acceso aos servizos.
O 9 de xuño RENFE oficializou uns novos horarios nos que eliminou 16 trens dos que ata entón tiñan parada na Gudiña. Os cambios introducidos por RENFE quitáronnos ese dereito á mobilidade e poñen en grave risco a igualdade de oportunidades no noso territorio.
Agora emprendemos unha mobilización para defender o noso dereito á mobilidade, á igualdade de oportunidades e ao acceso ás infraestruturas que transforman o noso territorio e das que outros, pero non nós, poden gozar.
Queremos ver pasar o tren, que pare e que sexa útil.
O noso medio rural debe ter as mesmas oportunidades que o resto dos territorios. A desaparición dos horarios útiles de tren pon en risco tamén a continuidade da propia estación. Os horarios inútiles farán que se utilice menos e, por tanto, darán pé á redución posterior dos servizos e, finalmente, ao peche da estación.
Para permitir a conexión do AVE coas comarcas veciñas de Valdeorras e Verín, establecéronse autobuses de ligazón entre os concellos e a estación. Eses horarios de transporte por estrada permitiron manter conectadas as comarcas. Con todo, agora están tamén en risco de desaparición. Por todo iso, solicitamos a todas as administracións involucradas —tanto provinciais, como autonómicas, como estatais— que nos permitan á cidadanía accedermos a un dereito fundamental como é o transporte, que nos permita acceso aos servizos sen discriminación territorial.
A nosa reivindicación é que a estación da Gudiña-Porta de Galicia conte con horarios útiles para as necesidades que ten a poboación neste territorio, en igualdade de condicións con outros territorios e estacións de orixe. Por iso, pedimos:
A adaptación dos horarios ás necesidades da poboación.
O restablecemento das frecuencias eliminadas.
Apostar por un servizo público ferroviario útil.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
GRAVEDAD DE LAS LESIONES
Muere la mujer apuñalada en A Coruña por su compañero de piso, que también provocó un incendio
Lo último