ARRANQUE DEL AÑO JUDICIAL
Los jueces gallegos exigen un “respeto real” hacia su labor
UNIVERSIDAD DE VIGO
A Unidade de Cultura Científica e da Innovación (UCC+i) da Universidade de Vigo inaugura cunha formación sobre divulgación científica para persoal investigador, o seu plan de actividades para este curso académico. O programa Ciencia de Ida e volta, que chega a súa cuarta edición, espallará actividades de divulgación científica polos tres campus (Vigo, Ourense e Pontevedra) co obxectivo de implicar á cidadanía no traballo dos grupos de investigación da institución e visibilizar como as distintas liñas científicas tratan de responder ás necesidades da sociedade. En total, o Plan anual de actividades da UCC+i, comprende arredor dunha vintena de propostas ata o vindeiro mes de xullo e conta cun orzamento de 99.649 euros, dos cales 40.000 son achegados pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) del Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades.
Un dos principais propósitos do proxecto Ciencia de Ida e Volta é, precisamente, potenciar as capacidades do persoal investigador para comunicar o seu traballo e trasladar á sociedade os avances científicos. Para avanzar neste camiño, a vindeira semana (21 e 22 de outubro) impartirase o obradoiro 'Comunica a túa ciencia', un taller destinado a investigadores e investigadoras da UVigo no que coñecerán a importancia da divulgación e as principais ferramentas para comunicar ciencia.
Hoxe acompáñannos no podcast Ciencia de Ida e Volta Lucía Calvo, técnica de comunicación do CINBIO; e Iago Pozo, director da Área de Promoción da Internacionalización da UVigo. Con unha ampla experiencia en proxectos de divulgación, con eles falaremos da importancia de comunicar a ciencia, así como deste curso que vai ter lugar os días 21 e 22 de outubro no edificio Redeiras, en Vigo. Benvidos ao podcast.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ARRANQUE DEL AÑO JUDICIAL
Los jueces gallegos exigen un “respeto real” hacia su labor
PIDEN COLABORACIÓN
Desaparecida en Vigo una joven de 25 años desde el 9 de septiembre