RESCATE EN LA PLAYA
Yolanda y Miguel, dos héroes anónimos que jugaban a vóley en Vigo
POLÍTICA MUNICIPAL
“Os últimos 16 meses, nos que o actual alcalde se negou continuamente a dialogar coa oposición, caracterizáronse pola ausencia de orzamentos actualizados; abuso na utilización e esgotamento do remanente; extralimitacións na contratación menor; pago de facturas e contratación sen partidas orzamentaria asignadas; incumprimento de acordos plenarios; xestión ineficiente dos servizos municipais; contratos vencidos sin renovar; incapacidade para o diálogo político; ataques de carácter persoal e menosprezo ao labor da oposición; ademáis de que o SAF permanece sen licitar”, expón o comunicado dos tres grupos da oposición en Muxía (PP, Independentes e BNG) para xustificar a moción de censura que rexistraron este luns contra o actual alcalde, Iago Toba (PSdeG-PSOE).
O PSOE da Coruña respondeu de inmediato contra o que considera “un atropelo democrático”. “Muxía ten un alcalde socialista, Iago Toba, que obtivo nas municipais do 2023 case o dobre de votos que a segunda forza no concello, o PP”, lembran os socialistas. Os socialistas foron a primeira forza política nas eleccións municipais de 2023, nas que obtiveron cinco concelleiros, fronte aos tres do PP, dous dos independentes e un do BNG.
“Pese a que a líder do BNG, Ana Pontón, negou o pasado mes de maio contactos co Partido Popular para artellar unha moción de censura en Muxía, o certo é que esta vén de ser rexistrada coas sinaturas dos concelleiros de PP, BNG e Independentes”, continúa o escrito.
O BNG desautorizou a moción de censura e a súa única concelleira no municipio, Mercé Barrientos, foi proposta para a apertura dun expediente que deberá ser resolto polo Consello Comarcal. A decisión foi adoptada pola Executiva Nacional. Advertiron que non avalarán “ningunha” moción de censura que implique a participación do PP.
O tres partidos da oposición propuxeron como candidato á Alcaldía ao portavoz de Independentes por Muxía, o expatrón maior da confraría de pescadores, Francisco Javier Sar. O pleno para votar a moción e investir ao novo alcalde celebrarase o próximo 7 de outubro ás 12,00 horas. O socialista Iago Toba leva gobernando en Muxía cinco anos pero, desde os comicios locais de 2023 maio en minoría. Após esas eleccións, nas que o PSdeG baixou de 7 a 5 representantes, Toba foi investido cos únicos votos do seu grupo, mentres que os grupos da oposición non alcanzaron un acordo para conformar unha maioría alternativa.
A portavoz do BNG, Mercé Barrientos, recalcou que o que se dá en Muxía é “unha situación de excepcionalidade democrática”, e insistiu en que o BNG “nunca” dará unha Alcaldía ao PP, do que lle diferencia “unha ideoloxía diametralmente oposta”.
Francisco Javier Sar destacou que a oposición primou a súa responsabilidade cara aos veciños, deixando de lado “intereses partidistas” no mandato de Iago Toba.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
RESCATE EN LA PLAYA
Yolanda y Miguel, dos héroes anónimos que jugaban a vóley en Vigo
ALARMA DE UN PARTICULAR
Trasladadas dos personas tras un incendio en la cocina de una vivienda en Ribadeo
ENTRE 2017 Y 2025
Indemnizaciones por casi 730.000 euros en los incendios en Galicia
Aprovechamiento del agua
Gráficos | Radiografía de los embalses en Galicia, ¿una solución ante la sequía?
Lo último
Fernando Ramos
Las ministras visitadoras niegan la realidad de Ceuta
Xose A. Perozo
PENSAR POR PENSAR
Os libros non son para o verán
CAMPEONATO EN ITALIA
El Mundial espera a los ourensanos
FESTA DA XUVENTUDE
Bousés arranca tres días de festa impulsados pola súa mocidade