INICIO DEL VERANO CLIMATOLÓGICO
La Xunta activa la alerta temprana frente a los riesgos por el calor
POLÍTICA AUTONÓMICA
O Partido Popular rexeitou este martes no pleno do Parlamento de Galicia retirar o complemento retributivo dos médicos vinculado ao tempo de duración das baixas laborais, tal e como reclamaba o BNG nunha moción defendida pola deputada Montse Prado. A iniciativa tamén incluía instar á Xunta a atender as recomendacións do último Consello de Contas e presentar o novo plan de atención primaria comprometido desde 2019.
Durante o debate, Prado cualificou a medida de "infame" e criticou que o Goberno galego non entenda que as baixas laborais son "un dereito" das persoas para recuperarse e non "unha cousa para irse de vacacións". A deputada nacionalista encadrou esta política nun novo paso no que definiu como un proceso de deterioración da sanidade pública por parte do PP.
Segundo sostivo, a Xunta avanza na descapitalización do sistema sanitario público e favorece a sanidade privada ao permitir que as mutuas decidan sobre os dereitos da cidadanía. Ademais, advertiu de que o Executivo autonómico non conseguirá "amedrentar" os profesionais que denuncian esta situación.
O deputado do PSdeG Julio Torrado anunciou o apoio do seu grupo á proposta do BNG e aproveitou a súa intervención para referirse aos cesamentos acordados o luns polo Consello da Xunta na área sanitaria. O socialista asegurou que os problemas da atención primaria veñen de anos atrás e acusou o PP de manter un modelo "absolutamente anquilosado no pasado".
Torrado censurou que os populares atribúan constantemente a terceiros as dificultades do sistema sanitario sen adoptar medidas para resolvelas. Tamén sostivo que, tras 17 anos de goberno, a Xunta segue buscando responsables sen que a situación mellorase.
Pola súa banda, a deputada do PPdeG Encarna Amigo avanzou o voto contrario do grupo maioritario ao considerar que a moción estaba construída sobre "acusacións falsas". A parlamentaria acusou a Montse Prado de elaborar un "relato ficticio" a partir dunha interpretación tendenciosa dos datos.
Amigo defendeu que o Goberno de Alfonso Rueda traballa sobre o terreo da man de expertos e profesionais sanitarios. "Mentres vostedes falan de plans sobre o papel, o que fai o Goberno de Rueda é traballar sobre o terreo, da man dos expertos, da man dos profesionais da saúde", afirmou.
Ademais, asegurou que ningún médico recibe instrucións para conceder altas prematuras nin que os pacientes reciban unha atención diferente en función da súa situación de baixa laboral. Neste punto, acusou o BNG de "disfrazar" concelleiros nacionalistas de sanitarios para "inventarse falacias". Finalmente, atribuíu os problemas da atención primaria á falta de profesionais.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
INICIO DEL VERANO CLIMATOLÓGICO
La Xunta activa la alerta temprana frente a los riesgos por el calor
POLÍTICA AUTONÓMICA
O PP rexeita retirar o plus aos médicos vinculado ás baixas laborais
SALUD PÚBLICA RESPONSABLE
La Xunta lanza una campaña para promover el uso responsable de los servicios sanitarios en Galicia
Lo último
Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Motivar
PAVIMENTACIÓN Y ASFALTADO
El PP duda de la legalidad de un nuevo préstamo para el Concello de Verín
Manuel Herminio Iglesias
DENDE SEIXO-ALBO
Realidades semellantes
PARA EVITAR EL ABANDONO
PP y PSOE reclaman más protección para los edificios de la ciudad de Ourense