CREACIÓN DE MÁS PLAZAS
La nueva Atención Primaria en Sanidad se presentará “en semanas”
DÍA DAS LETRAS GALLEGAS
A Real Academia Galega homenaxeou este domingo, 17 de maio, Día das Letras Galegas, a voz, a obra e o legado de Begoña Caamaño (1964-2014), a xornalista, narradora feminista e activista que se apropiou dos mitos e colocou as mulleres no centro deles.
O Teatro Principal de Santiago de Compostela acolleu a xornada, de carácter público e capacidade limitada, en conmemoración da escritora, natural de Vigo. O pleno extraordinario estivo presidido polo mandatario autonómico, Alfonso Rueda, quen estivo acompañado das máximas representacións institucionais da Comunidade e da cidade, así como de personalidades do mundo da cultura. Na súa intervención, o presidente da Xunta situou a defensa e promoción do galego como un asunto de país.
“Dámonos cita para homenaxear unha figura poliédrica, á xornalista e escritora Begoña Caamaño que transitou pola vida da man do que lle gustaba, ese xornalismo, ao que se dedicou profesionalmente con paixón e rigor”, empezou dicindo, antes de chegar ao miolo da súa intervención.
“Dámonos cita nunha Galicia plural, logo de 45 anos de autonomía, catro décadas e media nas que, entre todos e todas, fomos medrando en democracia e capacidade de autogoberno”, asegurou, e engadiu: “Autogoberno útil, sempre ten que selo, para responder ás necesidades da xente, tamén para dotarnos do corpus lexislativo necesario para recuperar e poñer en valor a nosa cultura e a nosa lingua”.
“O Goberno galego, este e calquera, ten que darlle sempre o apoio que precise a nosa fala, sempre desde a liberdade. Hai que convencer; xamais impoñer”, incidiu o presidente. E a continuación afirmou: “Cómpre que a rapazada remate os seus estudos con plena competencia lingüística, pero tamén que esa plena competencia formal vaia acompañada da querenza polo galego”.
Opinou tamén que “as mozas e mozos se expresen en galego, que usen o galego en sentido amplo”. E citou a Alonso Montero, falecido recentemente. “El insistía en que o galego é de todos. O idioma non é nin do grupo A nin do B, é o idioma de Galicia, fálano ricos e pobres, parados e non parados, de esquerdas e de dereitas”. E rematou: “O galego debe ser a nosa política de Estado, probablemente unha das máis importantes, un asunto de país no que todos temos que avanzar na mesma dirección”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CREACIÓN DE MÁS PLAZAS
La nueva Atención Primaria en Sanidad se presentará “en semanas”
CUANTÍAS POR EJEMPLARES
Cerca de 1.300 ayudas que suman 850.000 euros para paliar ataques del lobo en Galicia
Lo último