RESCATE EN LA PLAYA
Yolanda y Miguel, dos héroes anónimos que jugaban a vóley en Vigo
NOVA PLANTA DE AREOSA
Así o anunciou o conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, no acto inaugural da instalación, celebrado o pasado mes de xaneiro, onde estivo acompañado polo presidente do Grupo Daorje, José Manuel Muriel, e o alcalde de Cerceda, José López Liñares, contando igualmente coa asistencia doutros cargos tales como o secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Xunta de Galicia, Justo de Benito; o presidente de Sogama, Luís Lamas; o director xeral de Ecovidrio, José Manuel Núñez, e representantes de distintas entidades vinculadas ao sector medioambiental.
Hernández destacou as vantaxes da instalación, así como o seu carácter pioneiro a nivel nacional, integrando as tecnoloxías máis avanzadas e específicas do mercado.
Nesta planta recibirase o vidro separado por Sogama no seu complexo industrial de entre o lixo en masa, estimándose da orde de 14.000 toneladas anuais, ás que habería que engadir a evacuación progresiva de ao redor de 170.000 toneladas acumuladas no depósito de residuos non perigosos ubicado nesta infraestrutura.
Unha vez cribado, o vidro transpórtase á planta de clasificación que Daorje ten en Verín, trasladándoo posteriormente ás vidreiras.
É a primeira vez na súa historia que a Sociedade Galega do Medio Ambiente promove unha iniciativa destas características, coa que, ademais de contribuír ao reciclado deste material, obterá uns importantes beneficios económicos, calculados en aproximadamente 450.000 euros anuais.
Daorje Medioambiente é a firma adxudicataria do servizo por un período de catro anos. Se ben cobrará a Sogama 19,95 euros por tonelada de vidro recuperada, no marco dun acordo formalizado co Sistema Integrado de Xestión Ecovidrio, a empresa pública percibirá 35 euros/tonelada, o que arroxará un beneficio neto de 15,05 euros/tonelada, segundo informou Sogama.
Cunha superficie de 300 metros cadrados, a planta contou cun investimento de medio millón de euros, e un prazo de execución e posta en marcha de seis meses.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
RESCATE EN LA PLAYA
Yolanda y Miguel, dos héroes anónimos que jugaban a vóley en Vigo
ALARMA DE UN PARTICULAR
Trasladadas dos personas tras un incendio en la cocina de una vivienda en Ribadeo
ENTRE 2017 Y 2025
Indemnizaciones por casi 730.000 euros en los incendios en Galicia
Aprovechamiento del agua
Gráficos | Radiografía de los embalses en Galicia, ¿una solución ante la sequía?
Lo último
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Después del Código Hays
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este viernes, 21 de agosto
Julia Navarro
Madres, padres
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: viernes, 21 de agosto