OURENSE, PROVINCIA SOLEADA
Publican el informe sobre el estado del clima en España en 2025: Galicia ya no es donde sale menos el sol
a paisaxe de galicia desde a bicicleta
Hai agora catro anos, o Instituto de Estudos do Territorio (IET), organismo dependente da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, comezou a traballar con varios concellos de toda a xeografía galega, en colaboración cos clubes ciclistas de particulares e da propia Federación Galega de Ciclismo cunha misión: identificar as potenciais rutas para percorrer sobre dúas rodas e recollelas nun catálogo que facilitase os percorridos e a identificación por parte dos usuarios.
Os criterios que debían cumprir estas rutas pasaban por ter un punto de inicio e final definido e accesos controlados para ciclistas, un percorrido que tivera a meirande parte fóra dos tramos de estradas e pistas asfaltadas (do entorno dun 25%), unhas condicións de seguridade axeitadas para os futuros usuarios independentemente da súa clasificación ou nivel de esixencia física e contar con puntos destacables de interese paisaxístico no seus trazados.
Dese traballo de identificación, estudo e cartografado nacía o visor “A Paisaxe de Galicia desde a bicicleta”, que entrou en funcionamento en setembro do ano 2022. O punto de partida eran 52 rutas que abranguían un total de 2.312 kilómetros. Entre elas incluíanse sete rutas dos Centros BTT de Galicia, dous camiños naturais e dúas rutas da recen creada “Enoturismo a Pedais”.
A excelente acollida da iniciativa, acadando ou mesmo superando as expectativas iniciais máis favorables, motivou ós impulsores do proxecto a acometer a ampliación da rede inicial con novas rutas. Así, a comezos deste mes de xuño incorporábanse 30 novas rutas, sumando un total de 82 con preto de 4.000 kilómetros de percorrido a través da paisaxe galega.
O IET, coa colaboración da empresa especializada Sherpa Project SL, amplía deste xeito a rede en 1.601 kilómetros que se unen ós 2.312 xa catalogados para ofrecer rutas coas que percorrer o territorio a través de lugares de alto valor paisaxístico.
Estas cifras revelan o impacto desta iniciativa e sitúana entre as máis relevantes a nivel nacional. Como xa sucedeu na primeira fase, a inclusión das novas rutas no proxecto estivo precedida por un exhaustivo traballo de recollida e tratamento de datos e un posterior “traballo de campo”, consistente na realización de cada un dos recorridos en bicicletas dotadas de ferramentas tecnolóxicas que permitiron, non só a captura en vídeo dos trazados, senón a obtención doutra completa información en relación as súas características.
A información aportada por los dispositivos incorporados nas bicicletas permite a elaboración dunha caracterización dos trazados obxectiva, rigorosa e exenta de avaliacións de carácter subxectivo. O proceso deste traballo culimna coa actualización do perfil do IET na aplicación Wikiloc coa información das novas rutas e a inclusión definitiva das novas rutas no visor da Xunta de Galicia. Coa incorporación dos novos itinerarios configúrase unha malla cunha distribución de trazados máis densa e equilibrada no territorio, que abrangue a totalidade das 12 Grandes Áreas Paisaxísticas de Galicia con percorridos que pasan polo territorio de 161 concellos galegos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
OURENSE, PROVINCIA SOLEADA
Publican el informe sobre el estado del clima en España en 2025: Galicia ya no es donde sale menos el sol
EL MENOR, SANO Y SALVO
Detenido el hombre que agredió a su expareja y huyó con su bebé en Ponte Caldelas
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Herida muy grave una conductora tras chocar frontalmente con un camión en Pontevedra
900.000 EUROS EN TRES AÑOS
Adolfo Domínguez se alía con la Xunta para recuperar el lino como cultivo histórico de Galicia
Lo último
IRREGULARIDADES EN EL RESCATE
El juez del caso Plus Ultra imputa a las hijas de Zapatero y a su secretaria
Xaime Calviño
LA PREGUNTA DEL DÍA
En Portada Ourense: 517 mujeres amenazadas
300 METROS CUADRADOS
La cafetería del Posío debe cuidar los espacios verdes