Vegalsa-Eroski enxalza a alimentación galega de calidade na súa rede comercial
A compañía galega presentou unha campaña de promoción de produtos galegos amparados baixo o distintivo autonómico Galicia Calidade co apoio de máis de 30 proveedores locais
Representantes de máis de 30 provedores galegos de Vegalsa-Eroski reuníronse onte no hipermercado Eroski A Sionlla, en Santiago de Compostela, para apoiar o arrinque da nova campaña de promoción de produtos de proximidade impulsada pola compañía de distribución alimentaria, que contan co respaldo do distintivo autonómico Galicia Calidade e que permanecerá activa na súa rede comercial dende hoxe e ate o próximo 28 de xuño.
No acto de presentación participaron o director de Compras de Vegalsa-Eroski, Jorge Eiroa; o director de hipermercados, supermercados e gasolineiras Eroski, Florentino Vázquez e a xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez; ademais de provedores e clientes que puideron degustar algúns dos produtos incluídos na campaña preparados polo chef do restaurante lucense España, que conta con dous soles Repsol, Héctor López. A degustación de viños que acompañou á cata correu a cargo do catador do mesmo restaurante, Francisco López.
“Actualmente contamos con máis de 300 referencias activas de produtos con distintivo Galicia Calidade nas nosas insignias comerciais”, sinalou o director de Compras de Vegalsa-Eroski, Jorge Eiroa. “Trátase dun compromiso claro cos alimentos da nosa terra e cos nosos provedores locais.
A aposta polos selos de Indicacións Xeográficas Protexidas, Denominacións de Orixe e de Galicia Calidade, que impulsa a competitividade das empresas galegas nos mercados nacionais e internacionais, supón ademais un plus de valorización e dá resposta ás necesidades dos nosos clientes, cada vez máis comprometidos cun consumo responsable a través da adquisición de produtos de tempada, proximidade e calidade certificada. Campañas como a que hoxe arrincamos teñen por obxectivo precisamente resaltar estes produtos excepcionais e contribuír en dalos a coñecer entre os nosos clientes”, recalcou Jorge Eiroa.
Ana Méndez, xerente de Galicia Calidade explicou que esta acción forma parte dunha “estratexia que estamos a desenvolver na canle retail para diferenciar os produtos certificados ante os consumidores”.
Por iso, agradeceu a “valentía de Vegalsa-Eroski por ser a primeira” cadea de distribución alimentaria que promociona os produtos galegos con selo de calidade, o que “demostra o seu compromiso coa xeración de riqueza na comunidade, potenciando ao sector agroalimentario, que é un sinal da nosa identidade”.
Vegalsa-Eroski inicia esta acción apoiada por provedores galegos e o selo de garantía Galicia Calidade en tódolos seus establecementos das enseñas hipermercados Eroski, supermercados Eroski Center, Eroski City e Autoservicios Familia e manterase activa até o vindeiro 28 deste mes mediante a sinalización dos produtos destacados en tenda e nos folletos comerciais. Ademais, a campaña inclúe importantes descontos para clientes socios do seu programa de fidelización a través da tarxeta Eroski Club e o sorteo de 120 Experiencias Galicia Calidade.
Vegalsa-Eroski reforza cada ano o seu compromiso cos provedores locais a través do aumento do seu investimento en compras de proximidade, que o pasado ano incrementou nun 14%. En total, destinou 455 millóns de euros a adquirir produtos locais e con indicativo de calidade para abastecer a súa rede comercial de Galicia, Asturias e Castela e León, composta por 281 tendas.
En 2022 a compañía colaborou con 1.113 provedores e pequenos produtores locais, dos cales 911 son galegos, 133 castelán-leoneses e 69 asturianos. Isto supón que case a metade dos provedores cos que colabora a compañía para garantir a calidade dos seus produtos son de ámbito rexional.
Por categorías, a carne é sinónimo de frescura nos establecementos de Vegalsa-Eroski, procede de IGPs das Comunicades nas que opera a empresa por exemplo o selo de Tenreira Galega e é a categoría máis representativa en compras a distribuidores galegos, sumando 292 dun total de 520 provedores de alimentos frescos das compras realizadas e un total de 20.363 toneladas adquiridas.
A adquisición de froitas e hortalizas supuxo o pasado ano case a metade do total de compras de produtos frescos realizadas, con 25.294 toneladas. En canto a peixe e marisco, destaca a posta en valor por parte de Vegalsa-Eroski da compra en orixe nas lonxas galegas e os máis próximos (Burela, Celeiro, A Coruña, Malpica, Laxe, Ribeira, Marín e Vigo). A súa adquisición en 2022 alcanzou as 6.171 toneladas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
3.000€ POR BENEFICIARIO
Las ayudas de la Xunta para mejorar la imagen de las viviendas se podrán solicitar en enero
Lo último
EN CONFIANZA
Carlota Cao, doble premio por su joyería artística
Jaime Noguerol
EL ÁNGULO INVERSO
La mirada sabia del barman