O visor das rutas en bicicleta ofrece información técnica e turística
a paisaxe de galicia desde a bicicleta
Os usuarios poden descargar fichas de información con fotos, mapas, nivel de dificultade ou perfís do terreo
O proxecto “A paisaxe de Galicia desde a bicicleta” artículase a través dun visor completo pensado dende Medio Ambiente para facilitar o manexo por parte dos usuarios. A través da páxina web mapas.xunta.gal/visores/galiciaenbici/, os interesados poden realizar múltiples funcións con cada unha das 82 rutas propostas.
Deste xeito, os usuarios poden descargar os datos das rutas en diferentes dispositivos (ordenador, reloxos GPS, e móbiles) en formatos compatibles de uso libre. O acceso á información sobre estas rutas, e co fin de acadar a máis ampla difusión posible do proxecto, púxose tamén a disposición pública a través da aplicación Wikiloc; unha aplicación especializada e amplamente coñecida e utilizada por usuarios de moi diferentes perfís.
Fichas e filtros
Os usuarios destas aplicacións poden descargar as fichas de información de cada ruta en formato PDF; cada unha destas fichas inclúe toda a información dispoñible da ruta elixida: fotos, mapas, nivel de dificultade (familiar, media e para expertos), perfís do terreo, outras recomendacións e, de maneira moi singular, a situación dos miradoiros e lugares cun alto valor paisaxístico. A ficha de cada unha das rutas incorpora información, non só sobre o percorrido a nivel técnico, senón que tamén ofrece datos turísticos e históricos de cada zona.
Ademais, as persoas que entren no visor teñen a opción de buscar as rutas en base ós seus intereses, aplicando filtros coma o concello polo que atravesa o percorrido, o tipo de ruta (en liña ou circular), o nivel de dificultade (doada, moderada, dura ou moi dura), a lonxitude entre menos de 20 kilómetros e máis de 50 ou o tipo de paisaxe (costa ou interior).
OS DATOS
As descargas
Dende a posta en marcha do visor de Medio Ambiente en setembro de 2022 e ata abril deste mesmo ano, os datos das visitas e descargas de información sobre as rutas, tanto a través do visor da Xunta, coma da aplicación Wikiloc, dan boa conta do éxito da iniciativa. No que se refire a visitas, acadáronse un total de 21.031, realizadas por 10.130 usuarios. Asimesmo, as descargas de arquivos desde o visor sumaron 1.402 en algo máis de dous anos e medio.
Pola súa banda, a través de Wikilock rexistráronse un total de 16.097 visitas e 1.006 descargas desde a posta en marcha do proxecto..
Os usuarios
No referente ós perfís de usuarios, as consultas proveñen de todas as comunidades autónomas de España e tense rexistrado tamén un importante número de accesos desde outros países do mundo. En concreto, rexistráronse accesos de 67 países á través de Wikiloc e 39 á través do visor da Xunta. Estas consultas proveñen de lugares dos cinco continentes e de países tan distantes e lonxanos como Malasia ou Sri Lanka.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
INCIDENCIAS FERROVIARIAS
Ocho alertas de seguridad en la línea Ourense-Santiago
CONSELLO DE CONTAS
Solo dos ciudades cumplen con zonas de bajas emisiones en Galicia
HUELGA SANITARIA
Segundo día de encierro de los médicos en el Olimpia de Vigo
Lo último
ANTE LA PURÍSIMA
Goleada del Polígono y a cuartos de la Copa Diputación (4-1)
SELECCIÓN MUSICAL
La playlist de... Antía Muíño