SEGURIDAD SOCIAL
Los gallegos, entre los que más tiempo están de baja laboral
PARO
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, reuniuse onte en Ourense cos directores e orientadores das oficinas de emprego da provincia. En dita reunión incidiuse en que é preciso seguir potenciando a formación entre os profesionais das oficinas de emprego para continuar ofrecendo á cidadanía os mellores servizos. Tamén se destacou que a formación é chave para seguir creando emprego de calidade e casar oferta con demanda laboral.
O reto, en palabras do conselleiro, é dar saída as 15.000 vacantes de traballo para o que a Xunta está executando “medidas pioneiras no Estado como a ferramenta tecnolóxica EMi que conecta oferta e demanda en tempo real con intelixencia artificial”. En concreto, “este software permite converter o programa Emprego de Galicia nun servizo onde as empresas poidan localizar o mellor talento e ao que as persoas recorran para consolidar a súa traxectoria profesional”.
No encontro tamén puxéronse en valor os últimos datos de paro rexistrados. En maio, na cidade de Ourense rexistrouse a cifra máis baixa desde que hai rexistros e con respecto aos últimos dez anos, o desemprego caeu en case o 50%. En palabras do conselleiro isto demostra que as políticas que desenvolve a Xunta están a ser “efectivas e eficientes”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SEGURIDAD SOCIAL
Los gallegos, entre los que más tiempo están de baja laboral
TRAGEDIA EN TERRANOVA
El hundimiento del Villa de Pitanxo, cuatro años después
Lo último