30 TONELADAS RECUPERADAS
Desmantelan una trama que robaba cable de Telefónica para venderlo
Vázquez atribuíu esta circunstancia, que continúa coa tendencia que xa marcou o inicio de curso en Infantil e Primaria no pasado mércores, ao "intenso traballo" durante o verán de reformas nos colexios e o melloramento das aulas, e ao labor dos docentes, informou unha nota da Xunta.
Un total de 87.473 alumnos galegos inician hoxe as súas clases na ESO e 30.854 no Bacharelato; 10.561 en disciplinas artísticas, 469 nas deportivas e 16.964 no ensino para adultos.
Ao longo da xornada, o conselleiro e os delegados da Xunta e xefes territoriais de Educación visitaron diferentes centros educativos para comprobaren en primeira persoa o comezo das clases sen ningún incidente.
Vázquez visitou o IES Carlos Casares de Vigo xunto á delegada territorial, María José Bravo Bosch, e o xefe territorial, César Pérez Arez. Despois fixo acto de presenza no CEIP A Canicouva.
Dos 87.473 alumnos de Secundaria que hoxe comezaron as clases, 46.703 cursarán estudos de 1º e 2º da ESO, mentres que 40.770 estudarán 3º e 4º.
Por provincias, A Coruña conta con 35.683 alumnos matriculados; Lugo con 9.328, Ourense con 8.654 e Pontevedra con 33.808.
No Bacharelato comezaron 30.854 estudantes, dos que 12.575 están matriculados na provincia da Coruña, 3.247 en Lugo, 3.311 en Ourense e 11.721 en Pontevedra.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
30 TONELADAS RECUPERADAS
Desmantelan una trama que robaba cable de Telefónica para venderlo
AS IMAXES MÁIS RECOÑECIBLES
Galería | Os momentos máis destacados de Xosé Manuel Beiras que perduran na memoria dos galegos, en fotos
DESAPARECIDO EN CEDEIRA
Encuentran un cadáver en el mar durante la búsqueda de un desaparecido en Redondela
Lo último