LOTERÍA DE NAVIDAD
Un quinto que sabe a gloria en Pontevedra: casi tres millones
ARTÍCULO PROMOCIONAL
A Xunta súmase hoxe á celebración do Día Mundial do Leite, instituído polas Nacións Unidas co fin de salientar a importancia da produción e o consumo deste produto e dos seus derivados. Deste xeito, o Goberno galego quere poñer en valor o leite por mor da enorme relevancia que ten na nosa Comunidade e mesmo polas innegables virtudes e beneficios cos que conta dende o punto de vista da nutrición.
Neste sentido, esta xornada serve para lembrar que o leite é a nosa principal fonte de calcio, pero tamén de proteínas, graxas e vitaminas liposolubles, como A, D e E, esenciais para o bo funcionamento do noso corpo. Tamén é rico en vitaminas solubles en auga, como B2, B1, B6, B12, C, B3 e H. Todas elas son necesarias para a produción de enerxía, a circulación sanguínea, o metabolismo dos ácidos graxos ou a produción das células vermellas do sangue, entre outras funcións.
Neste Día Mundial, a Consellería do Medio Rural recorda tamén que o noso sector lácteo é líder dentro de España, posto que Galicia conta co 55% dos produtores, que supoñen o 38% da producción láctea do Estado.
Galega 100 %
Ademais, o leite galego destaca pola súa extraordinaria calidade, distinguida co selo "Galega 100 %", que xestiona o LIGAL e da que a Xunta fai promoción en diferentes eventos, especialmente de carácter deportivo e cultural. Así, o pasado Día das Letras Galegas, a conselleira Ángeles Vázquez difundiu os valores do leite amparado por este selo con motivo do Pequebasket, evento ligado ao fomento do baloncesto entre os cativos, que tivo lugar no Concello de Carballo (A Coruña).
Este acto foi o máis recente dos moitos nos que estivo presente o selo "Galega 100 %" nos últimos meses. Cómpre destacar, entre outros, os partidos de fútbol dos equipos galegos de Primeira e Segunda División, carreiras populares como a pedestre de Santiago ou a de San Martiño en Ourense. En todos eles entregáronse gratuitamente briks de leite entre os asistentes. Xa que logo, o selo "Galega 100 %" consolídase como unha referencia popular que goza dunha grande acollida entre os consumidores.
Máis información en:www.galega100x100.es
Contenido patrocinado
También te puede interesar
LOTERÍA DE NAVIDAD
Un quinto que sabe a gloria en Pontevedra: casi tres millones
EXPOSICIÓN INTERNACIONAL
Más de 34.000 personas visitaron “Wonderland” de Annie Leibovitz
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Nueve implicados en un accidente múltiple en As Neves
Lo último
Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Desorden
AL MENOS DOS SEMANAS
Parada de Sil y A Teixeira sin médico durante las navidades
UNA IMAGEN MEJORADA
La estación de autobuses luce sus últimas mejoras
CIRCUITO NACIONAL
O II Master a Lagoa de futbolín chega a Xinzo