Unha trans galega consegue que a xustiza recoñeza o cambio de xénero en sentenzas firmes
tribunais
O fallo recoñece o dereito a que se modifique unha sentenza firme na que figuraba o seu nome e xénero previo ao cambio de sexo
Os maxistrados da audiencia coruñesa, nun fallo con data do pasado 23 de maio, admiten o recurso presentado por unha nai que solicitaba que a sentenza do ano 2018 pola que obtivo a custodia da súa filla fose modificada para adaptala á súa nova identidade de xénero.
Na sentenzaA figuraba co seu antigo nome de home e a expresión de pai, o que, segundo o escrito de apelación presentado pola súa defensa, constituía "unha grave intromisión" no dereito á intimidade tanto dela como da súa filla, posto que se vería forzada a revelar a súa transexualidad a persoas descoñecidas.
Deste xeito, a Audiencia da Coruña admite o recurso e dá a razón á nai en virtude do dereito recollido na Lei de Igualdade de Xénero aprobada en 2007, na que se garante o libre desenvolvemento da personalidade e a dignidade das persoas cuxo xénero non se corresponde co sexo co que inicialmente foron inscritios.
Así as cousas, recoñece que unha sentenza en firme pode ser modificada para adaptala ás novas circunstancias. Tamén destacan os maxistrados o dereito á intimidade e o "poder xurídico" sobre a súa información persoal.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
XENTES POPULARES
A forza da transmisión
INVERSIÓN EXTRANJERA
SAIC recibe su "primera autorización" para la instalación de su planta en Ferrol
Lo último
JUEVES, 5 DE NOVIEMBRE
Las claves de Cruz Roja para combatir desastres, a debate en el Foro La Región
SEGUNDO EN LA TABLA
Carlos Cruz, centrocampista del CD Barco: “Tenemos que seguir así”
Manuel Herminio Iglesias
DENDE SEIXO-ALBO
Para cando pasear pola alameda?