Bibiano x Carlos Rego
MÚSICO E LITERATO
“Bibiano. Cambiar para ser un mesmo” chámase o libro do músico, xornalista e escritor ourensán Carlos Rego baseado nunha figura coa particularidade de exceder o musical pola súa ideoloxía política e social
Carlos Rego presenta “Bibiano. Cambiar para ser un mesmo” (Galaxia), un libro no que recolle o facer de quen para o músico, xornalista e escritor ourensán é “a figura máis relevante de Galicia” dos últimos tempos tanto no artístico como na súa transversalidade para ser tamén protagonista na industria.
A intención primeira do libro de quen hoxe é voz e guitarra en Tesouro e participou nos grupos Cosecha Roja, Burgas Beat, Viernes y los Robinsones, e conta no seu haber títulos como “Magín Blanco. O camiño da luz” (2019) ou “Derribos Arias. Licencia para aberrar” (2015), ademais de colaborar en medios como Ruta 66 e Cuadernos Efe Eme, é rescatar do esquecemento ó Bibiano músico, que nos últimos anos da súa vida era máis coñecido pola súa faceta de promotor de concertos (Madonna, Lou Reed, Motorhead) que pola súa obra musical, desde os seus anos no pop ata e seu rol en Voces Ceibes.
Pregunta. Non é a primeira biografía que escribes. Por que Bibiano?
Respuesta. A etapa musical de Bibiano estaba moi esquecida, quedou moi oculta trala súa imaxe de promotor musical de éxito. Comeza nos anos sesenta no Santiago dos grupos beat, logo introdúcese no mundo da canción de autor con Voces Ceibes e a fins dos setenta grava uns discos moi estimables. Era un compositor e un cantante moi persoal, cantautor con tintes pop e progresivos. Ademais, téñolle moito aprezo á súa música. Na miña casa soou o seu primeiro disco, “Estamos chegando o mar”, moi pouco despois de editarse en 1976, sendo eu un neno.
P. Por que a elección da frase “Cambiar para ser un mesmo” como parte do título?
R. A frase sae dunha entrevista de principios dos oitenta, cando lle botaban en cara os cambios na súa carreira musical e política, porque foi desa gran parte do PCE que rematou na órbita do PSOE, aínda que nunca chegou a militar. Bibiano non era sectario e vía no cambio un xeito de ser fiel a si mesmo, e de seguir a súa intuición por enriba de dogmas e militancias. A súa vida artística e profesional esténdese ao longo de catro décadas, dende os sesenta ata o s. XXI. É imposible non cambiar en tanto tempo, e máis en épocas tan axitadas no social, o musical e o político.
P. Por que deixou de facer música?
R. Ese é o gran misterio que ninguén sabe responder, e que el non se molestou en explicar. Eu penso que o novo ambiente dos anos oitenta levouno por diante. Quixo adaptarse e non foi quen de facelo. Logo, atopou outro no que se sentiu moi cómodo, o da promoción de concertos, que ademais lle proporcionou unha estabilidade económica que nunca tivera.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SELECCIÓN MUSICAL
La playlist de... Winter Blues Band
GRUPO MUSICAL
Blues Fait en Francia
LA PORTADA DE LA REVISTA
Laura Portas: Los secretos de Mondariz
Lo último
Manuel Herminio Iglesias
DENDE SEIXO-ALBO
O mundo ten alzheimer?
Luís Celeiro
TÍA MANUELA
Moitos non teñen avoa
Jenaro Castro
MORRIÑA.COM
Vai chover, carallo