PREMIO FORQUÉ
José Manuel Lorenzo, más osado que valiente
Foto: Óscar Pinal
Ourensán da colleita de 1986, o fotógrafo Brais Lorenzo reivindica, sobre todo, o seu carácter pontino. Descubriu na fotografía o medio ideal para documentar o mundo que o rodea. Colaborador en diversos medios, leva traballando dende 2010 para a Axencia Efe. A súa mirada, detrás do visor das súas cámaras capta moito máis que momentos e feitos. As súas fotografías contan historias capaces de conmover ó espectador. Así aconteceu durante os momentos máis difíciles da pandemia, e os seus traballos foron recoñecidos en 2021 con máis dunha ducia de premios que situaron a este fotoxornalista na primeira liña da fotografía internacional.
¿Que pasa cos pontinos que sempre reivindican a súa orixe?
Temos ese orgullo de ser de aquí. O meu bisavó, Secundino Couto, foi o derradeiro alcalde republicano do concello de Ponte Canedo. Eu síntome moi feliz de vivir aquí.
¿Como chegou a decisión de ser fotógrafo?
Confeso que era mal estudante na secundaria. Supoño que como lle pasaba a moitos rapaces, porque non atopaba o meu sitio, nada que fora do meu interese. De feito, aos 16 anos comecei a traballar, case sempre en traballos precarios, e compaxinaba esa actividade co estudo. Cando cheguei os 18 anos, descubrín que había un título de fotografía na Escola de Arte de Ourense e que había unhas becas para poder viaxar a países moi diversos. A mín gustábame moito viaxar e fotografar. Así que cando me matriculei descubrín cal era a miña verdadeira vocación. E viaxei, con becas a Etiopía e Perú.
Aí seguro que empezou a sentir interese polos estudos.
E tanto!. De faltar a clase, cando estudaba secundaria porque non sentía ningún interese, pasei ao contrario. Sentíame enfadado cando había un festivo e non podía acudir a clase e aprender canto máis.
E logo tamén sentiu interese pola historia.
Si. E pensaba en facer Xeografía e Historia pero empecei moi cedo a traballar, nada máis acabar fotografía, e resulta que co plan Bolonia non era compatible o traballo coa carreira. Logo, co paso do tempo, puiden acceder a un sistema semipresencial e entón fun compaxinando o traballo coa carreira.
¿Lémbrase do seu primeiro traballo na Axencia EFE?
Foi a finais de 2010, co gallo dunha visita da ministra Leire Pajín a Ourense.
¿Hai algún eido no que se sinta máis motivado?
Sobre todo nos temais sociais. Sociais, humanitarios, reivindicativos… porque penso que cunha fotografía non vas cambiar o mundo nin as cousas, pero si que podes axudar a que a sociedade tome partido, e tome pequenas, ou as veces grandes, decisións. Entendo esa perspectiva da fotografía como ferramente para facerlle chegar ao espectador determinadas problemáticas e situacións que de non estar alí, ao mellor non se coñecerían por parte do público.
Nese tipo de situacións, moitas veces extremas, ¿implícase o fotógrafo ou ten que permanecer ao marxe?
A idea da fotografía de captar a realidade é certa, pero é unha realidade subxectiva porque ti, como fotógrafo, estás dentro desa realidade e en consecuencia, tamén da fotografía. Dende o momento que escolles a imaxe, o encuadre, estás participando e estás tentando axudar a que a sociedade tome posición sobre ese feito.
Supoño que o importante na fotografía é estar no sitio adecuado e no momento axeitado. Pero, ¿hai tamén un compoñente artístico?
Certamente hai unha compoñente pictórica na fotografía. De feito en grandes fotografías, das que fan historia, existe un certo paralelismo coa pintura, no que atinxe a escolla do encuadre, da iluminación. A mín, por exemplo, góstame moito o tenebrismo de Rembrandt, Caravaggio, ese tipo de iluminación, de xogos de luces, de luz máis puntual.
Cando se retrata unha traxedia, ¿que prima na súa visión?
O espectador. De xeito que, por exemplo, nunha traxedia na que hai mortes. Se a imaxe é demasiado explícita, o espectador acaba rexeitándola. Entendo que hai que tratar esa información gráfica de maneira que sexa atractiva e dixerible para o espectador, para que cumpla o seu obxectivo. Seica hai moitos colegas que pensan o contrario. Pero aí é donde pesa a túa bagaxe, cultural, estética, dos referentes que teñas e que conforman a túa maneira de mirar os feitos.
2021 foi un ano para vostede, de abrumador éxito. máis de unha ducia de premios, sen contar concursos nos que recibiu mencións ou foi finalista. ¿Como se leva?
Abrumado, moi satisfeito e sinto que é algo irrepetible. Sen dúbida no futuro poden chegar outras cousas, outros premios, mesmo algún máis importante, pero tantos e no mesmo ano… O que é certo e que os premios é algo que produce satisfacción pero que é efémero. Tamén é o bonito desto, de saber adaptarse ás victorias, ás derrotas, ás subidas e as caídas. Este é un oficio no que hai que estar todos os días aí.
O que chama a atención e que foron premios por fotografías, todas elas feitas en Ourense. Converteu vostede Ourense no foco de todos eses concursos.
Eso pode ser o que resulte máis singular. A verdade é que a pandemia unificou todo, atacou en todo o mundo, o que fixo que fora tan relevante o que acontecía en Ourense como o que sucedía en Madrid, Barcelona, Nova York ou en calquera outro lugar. E aí xogamos todos en igualdade de condicións e eu empeñeime en documentar os feitos da mellor maneira posible e os premios viñeron por eses traballos realizados durante a pandemia da Covid, que todos temos ganas de que remate xa de unha vez.
Hai unha gran humanidade e sensibilidade nas imaxes coas que retrata a pandemia en Ourense. ¿Cree que foi esa a clave do éxito do seu traballo?
A fotografía é unha cuestión moi anímica. E cando transmitimos, sentimos. Se non hai motivación, non hai sentimento, as imaxes quedan máis estériles e non chegan. Aí entendo que está a implicación do fotógrafo, da necesidade de buscar ese punto a partir do cal podas chegar a facer sentir ao espectador do que falabamos antes. Tamén ten que haber algo de sorte, de que as circunstancias se dean, cun traballo grande previo de xestionar o acceso e que nos deixaran tomar fotografías en determinados lugares e circunstancias.
¿Resulta difícil facer este tipo de traballos no día a día?
O día a día, tan acelerado, dá unha axilidade e unha disciplina que vale tamén para outro tipo de traballos máis repousados.
¿Ten algún en mente?
Quero documentar o despoboamento na provincia de Ourense. Entendo que é un problema que require dunha maior atención.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PREMIO FORQUÉ
José Manuel Lorenzo, más osado que valiente
GRUPOS MUSICALES
La playlist de... Tesouro
BANDA OURENSÁ
O tesouro da amizade
GRUPOS MUSICALES
La playlist de... LISE L.
Lo último
EL GORDO ESTÁ EN EL BOMBO
¿Con qué números han tocado los premios gordos de la lotería de Navidad? Descubre los más repetidos
TERCERA VICTORIA CONSECUTIVA
El Arenteiro es otro equipo y derrota a Osasuna Promesas (2-0)