CACHOPO EN A PONTE
Comida para llevar y para comer como en casa, o mejor en Antiga Leitería
ENTREVISTA
No marco da cuarta edición de “Cata Sonora”, ciclo de concertos que ten lugar no Museo do Viño de Galicia, en Ribadavia, o xoves 18 de xullo actuará Carolina Rubirosa. “O ciclo e o entorno son idóneos para o formato no que estou máis cómoda, que é o acústico a dúas guitarras e dúas voces, acompañada por Rafa Otero, facendo un percorrido polas miñas músicas de autora, e tamén, unha coidada selección de músicas alleas ás que imprimimos a nosa personalidade”, detalla a cantante, compositora e produtora natural do Grove cuxo último traballo é “Soldadeiras”, para o que compuxo nova música para cantigas da lírica galego portuguesa, e que lle supuxo ser premiada no certame “Fondo de proxectos culturais do Reino de Galicia 21-22”, promovido pola Deputación da Coruña.
Este 2024 lanzarás novo disco; ofrecerás algún adianto en “Cata Sonora”?
Teño varios proxectos en marcha, moi diversos, e un deles será un novo disco con cancións fruto das vivencias e reflexións extraídas destes últimos meses, conectadas con varias lecturas inspiradoras que cairon nas miñas mans. Hai moito que contar e cantar, e faremos un avance no concerto do día 18. Presentar por primeira vez as cancións espidas, tal como naceron, e ver a reacción do público é unha das sensacións máis placenteiras que unha música pode experimentar.
Coa experiencia que che brinda o formar parte dunha banda feminina como The Funkles, cal é a túa opinión respecto do auxe de bandas de mozas? É un cambio real respecto do afianzamento da muller nos escenarios ou pode ser unha moda?
Si é unha moda ou non poderémolo ver nuns anos, pero somos artistas, e as nosas obras falarán por nós. O que está claro é que as mulleres instrumentistas, compositoras, produtoras, enxeñeiras de son, non só vocalistas ao frente dunha banda, chegaron para quedarse, e así o están a demostrar cun traballo incansable e impecable. A muller ten aínda moito que aportar en xéneros máis tradicionalmente masculinos como o blues, jazz, rock, country, electrónica, ou música clásica, máis aló do pop. É importante tamén mirar cara as pioneiras que deixaron unha profunda pegada, pero non gozan da popularidade das figuras masculinas, como é o caso da chamada “madriña do R&R”, Rosetha Tharpe, música valente e guitarrista formidable, que influiu en mitos coma Little Richard, Chuck Berry ou Elvis Presley. Creo que as profesionais da música imos nunha fantástica dirección, e con traballo e vontade de todos, agardo que a presenza de bandas femininas deixe ponto de ser un feito a resaltar.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CACHOPO EN A PONTE
Comida para llevar y para comer como en casa, o mejor en Antiga Leitería
LA REVISTA
La playlist de... Arrhythmia
Lo último