LA REVISTA
La playlist de... Escuchando Elefantes
RABO DE NUBE
Sen dicir palabra. Sen máis ornamento que o que coroan as súas cancións, Bob Dylan vén de pasar de novo por Madrid. Con esta, se non estou nun erro, a novena vez (incluíndo Alcalá de Henares, Villalba e Arganda). E para min a segunda mellor segunda actuación, desde aquel memorable "Unplugged", 1995 en La Riviera. Vello local verbeneiro, beira do Manzanares, onde aínda cheira a "Varón Dandy" e pachuli, e andan as mulleres a bailar cun pano na man para arredar suores.
Os que non pasamos no Auditorio Nacional, cheo a rebentar, eu estiven a noite derradeira (a do 28 de marzo), porque o aire acondicionado saltou xusto coa emoción dunha "Desolation Row", acompañada polas palmas dos dylanitas e vencellados que alí estabamos. Por iso, por dylanita, teño pouco doado facer unha crónica obxectiva dun acto protagonizado por un señor que fai o que quere, toca o que lle dá a gaña, e –sendo como é un Premio Nobel de Literatura- non fala nin para presentar unhas cancións que, ás veces, compre adiviñar.
E iso porque Dylan xamais canta dúas veces o mesmo tema da mesa maneira. Ou sexa, que cuestións económicas á parte (descoñezo, lástima fora, a vida privada do de Duluth, Minnesota) Bob "Esponxa", porque de todo bota man e todo lle interesa, segue actuando, aos seus case setenta e sete anos, porque o desfruta. E fai que os seus seareiros fagamos o propio. Que logo tardemos en recoñecer "It ain´t me, babe" ou "Blowin´ in the wind" por mor dos arranxos caprichosos (cando menos) xa é problema noso. Como aplaudir ao Dylan máis chapliniano, o que quere ser "crooner" e interpreta (no senso lato da palabra) "As follas mortas" de Prevert e Kosma. Hai que non atura isto, sen entender que Bob vén de todos os sitios.
E a todos vai. Do rock, do folk, do blues, do góspel e agora, tamén, da balada. Porque este escritor, éo e non tan só como letrista, anda decote a se reinventar. E a nós, os dylanitas, con el. Porque, aínda que non cante este tema na xira actual, Dylan segue a ser "Forever young" (tal como cantara diante do Papa Xoán Paulo II, noutro pinche carneiro incomprensible para moitos). E os que o amamos a Dylan tan novos, áinda, como el. Aínda que desta volta o escoitasemos sentados. Máis comodamente, por certo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
LA REVISTA
La playlist de... Escuchando Elefantes
Sílvia Rábade e Carlos Tajes
“Arder”: STOP incendios
PORTADA DE LA REVISTA
Manuel Arias, el doctor ourensano que cuida del cerebro
LA REVISTA
La playlist de... Miguel Marcos
Lo último
Son “planetas superesponjosos”
Descubren dos planetas gigantes tan ligeros que tienen menos densidad que el algodón de azúcar
FESTIVAL DE MUSICA
“Santa Cristina in musica” regresa en su quinta edición a Ribas de Sil
Alfredo Conde
A TRIRITA
Temos que facer por enganar a Azrael