LA REVISTA
La playlist de...Triángulo de Amor Bizarro
NOVA PROMESA
Fendetestas é o grupo ourensán promesa para brillar nos festivais de verán de Galicia, con disco en plena gravación baixo un estilo rock “pero con moitos matices”, precisa Alejandro Nogueira “Jimmy”, baixo e coros do grupo que completan Xacobe Rosselló “Jaco” en guitarra e voz e Rubén Gil “Mice” en batería e coros. O grupo creado no Barco de Valdeorras no outono de 2023 conta para o seu inminente traballo con cancións “cunha base rítmica compacta e unhas guitarras e voces contundentes na mellor das tradicións rockeiras, pero con detalles doutros estilos coma o reggae ou o punk” e “letras bastante irreverentes e contestatarias pero sempre cun punto de sarcasmo, sobre como está o mundo e a sociedade, aínda que tamén hai algunhas cancións que abordan temas máis festivos e costumistas”, explica o músico oriúndo de O Carballiño que conta entre os seus antecedentes musicais grupos como The Generados, Atlantida, Kalma, La Banda Desarmada o Kambotes.
Ensaian na Asociación de Música Alternativa de Valdeorras (AMAVA), nun local cedido polo Concello de O Barco de Valdeorras. Como funciona?
Pois si, entre outras cousas a través da asociación xestiónase a colaboración con outras asociacións e colectivos sociais e culturais para a realización de concertos e outras actividades. Tamén dende AMAVA mantense un contacto constante co Concello de O Barco de Valdeorras e sen o cal sería moi difícil que a asociación funcionara, xa que nos ceden gratuítamente o local de ensaio e sufragan os gastos do mesmo, ademais de contar con nós para moitas das actividades que organizan. A verdade é que sen esta asociación seríanos imposible levar a cabo a nosa actividade.
Hai pouco máis dun ano que se formou o grupo, máis aló de que no teu caso en particular tes moita experiencia na música. Como é emprender un proxecto musical en Ourense?
É moi complicado, nunca foi doado pero nestes tempos é case un exercicio de fe. Hoxe apenas existen salas ou locais onde poder tocar e a industria musical tanto na provincia como no resto da comunidade vai enfocada cara outros estilos e outras formas de entretemento máis masivos que o rock. O apoio institucional vai polo mesmo camiño e é practicamente nulo para os grupos pequenos, o que fai que moitas bandas abandonen ao pouco de nacer. O Barco é unha excepción, agora mesmo hai un montón de grupos e sobre todo de xente nova, o que demostra que co traballo asociativo e co apoio das administracións públicas conséguese que todo isto funcione ben.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
LA REVISTA
La playlist de...Triángulo de Amor Bizarro
LA REVISTA
Manuel Castro: virtuosismo en la bodega
La REVISTA
Oh! Gunquit, trompeta +hula -hoop
Lo último
Julián Pardinas Sanz
La política necesita algo de excelencia
A PARTIR DE SEPTIEMBRE
Sanidade prevé una “debacle” en caso de huelga indefinida
"PECADOS CAPITAIS"
Un teatro local cheo de talento fixo vibrar Trives
Luis Carlos de la Peña
CAMPO DO DESAFÍO
A examen de Zapatero