LA REVISTA
La playlist de.. Borvo
LA REVISTA
Próximo a lanzar o seu EP debut “Xerme do mal” -que consta de tres temas: o homónimo, máis “Benvido a barbarie” e “Crónica dun xenocidio anunciado”-, Borvo aposta ao metal extremo nun Ourense no que este xénero non é o que abunda nin moito menos. “En Ourense, o metal é un xénero moi de nicho”, admiten Victor (guitarra), Harry (baixo), Roi (batería) e Juan (voz), os integrantes do combo cuxo nome corresponde a un deus celta das augas termais e a sanación. Mandato ao que, ironicamente, responde a prometedora banda.
Pregunta. Por que o metal extremo?
Respuesta. Non houbo moito que pensar, xa que os catro somos apaixoados dise xénero, e nunca pensamos en facer outro xénero. Este permítenos expresar tanto a música como as temáticas máis crúas con toda liberdade e transmitíndoas dun xeito intenso e violento. Que é como este estilo de música se ten que trasmitir.
P. E por que a elección do galego?
R. Foi elección natural, xa que e nosa lingua nai e ca mellor nos podemos expresar. Tamén reivindicamos o seu emprego no metal, xa que é certo que non moitos grupos de metal extremo a empregan e nunca esta demáis fomentala: o galego e o metal extremo combinan de marabilla.
P. Que é o que os inspira a compoñer unha letra?
R. Juan: Máis que inspiración e observación, xa que a realidade en sí esta pragada de historias e acontecementos tan cruentos e terribles que so con ter un pouco de curiosidade polo mundo que nos rodea tes unha canteira de ideas. Só con describilas sen medias tintas podes completar unha letra perfecta para este xénero. Xa que é certo, a realidade sempre supera a ficción, e no que pode facer o ser humano no seu espectro máis baixo e inmoral aínda máis.
P. Ser un grupo ourensán, pon un teito á expansión da vosa música? Con que outros grupos do voso xénero relaciónanse en Ourense?
R. Certo é que en Ourense non hai practicamente infraestructura para realizar concertos, apenas hai dóus locales con aforo moi limitado que os realizan, e atopar locales de ensaio ás veces convértese nunha odisea.
R. O final o teito poñémolo nos en tanto e en canto traballo e esforzo se pon a un proxecto. No metal, ao ser un xénero moi de nicho, a proximidade entre os grupos e moita. Ourense e pequeño e todos nos coñecemos; estamos en contacto e contamos uns cos outros en moitas ocasións.
R. Como Malheira, Prosmas, Terminal Terror, Acid Proyect. E non só entre os grupos de metal, tamén cos de rock, punk e hardcore.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
LA REVISTA
La playlist de.. Borvo
LA REVISTA
Galego + Metal extremo = Borvo
LA REVISTA
La playlist de... Aldara Palmeiro Pazos
Lo último