PREMIO FORQUÉ
José Manuel Lorenzo, más osado que valiente
CON TEXTO
Charles Dickens escribía para outra época, iso é máis que obvio, pero sobre todo pola cousa da lonxitude de moitas das súas obras, previstas para uns lectores que non soamente dispoñían dun tempo, ocupado hoxe nunha chea de mesteres pasivos (a lectura é un mester activísimo).
Porque, polo demais, a temática das novelas dickensianas é intemporal. Dickens cando retrata as infamias da revolución industrial non está senón anticipándose ao futuro, hoxe presente, igual de cruel no maltrato humano, mais controlado aínda por esas máquinas que, a maiores, minguan o pracer lector. A novela que veño de ler de Dickens, a terceira da súa "opera omnia", posterior a Oliver Twist, sendo menos sombría que esta e máis a xogo con Pickwick Papers, Nicholas Nickleby (traducción española de Bernardo Moreno Carrillo), reflicte ben o mundo victoriano, cunhas escolas severísimas, onde a letra entraba con sangue, da que é paradigma a Yorkshire Wackford Squeers do libro.
Onde vai parar o bo de Nicholas empurrado polo ruín Tío Ralph, un máis da caterva de falcatrúas de Charles Dickens, encabezados por Fagin (o mestre de malandros que sae en Oliver Twist). Esta novela de Dickens, para seu biógrafo canónico, Peter Ackroyd, "a máis divertida de toda a historia da lingua inglesa", supera as mil páxinas, eis a dobre grandeza de Dickens ao escribila (no tamaño, na calidade). A que engadir a beleza da edición de Nocturna que teño diante miña. Apoteose dunha novela "on the road", Dickens aprendera moito de Cervantes (Monipodio é antecedente de Fagin, mais menos renarteiro e cabuxo), que vén sendo, ao tempo, un retábulo de elementos vivísimos a retratar un tempo e un país. Hoxe, cando ningún escritor de fuste (desconfíen dos folletóns seudohistoricistas, onde a historia é fin, non medio), tamén porque non se levan as novelas "por entregas", escribiría unha novela desta extensión compre agradecer a existencia de xenios, como Dickens, quen de manter o ritmo ao longo de semellante terreo narrativo sen deixar que o argumento, nin o énfase, decaían. Iso por non falar da súa vontade de estilo. Tolstoi sostiña que Dickens era o primeiro novelista do seu tempo. Se cadra o autor de Anna Karenina non erraba.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PREMIO FORQUÉ
José Manuel Lorenzo, más osado que valiente
GRUPOS MUSICALES
La playlist de... Tesouro
BANDA OURENSÁ
O tesouro da amizade
GRUPOS MUSICALES
La playlist de... LISE L.
Lo último
EL GORDO ESTÁ EN EL BOMBO
¿Con qué números han tocado los premios gordos de la lotería de Navidad? Descubre los más repetidos
TERCERA VICTORIA CONSECUTIVA
El Arenteiro es otro equipo y derrota a Osasuna Promesas (2-0)