LA REVISTA
La playlist de... Jay Doe
LA REVISTA
O grupo de rock coruñés Greasy Belly chega a Ourense co seu estilo sureño cun espectáculo cuxo forte será “a honestidade”, segundo Miguel Suárez, baixo e batería e un dos membros estables do grupo xunto con Julio Suárez en voz e harmónica e David Vázquez en guitarra. “Verán un concerto honesto, no que a importancia e o protagonismo recaen nas canción. Somos xente normal facendo música normal e agardamos que os que veñan pasen un bo rato. Nós poñemos o rock and roll; o resto das cousas asociadas ao tópico xa son cousa de cada quen”, detalla quien actuará el 10 de abril en Cangas y el 11 en el Auriense.
“Lookin’ For A Roll” é o disco da banda cuxo nome podería traducirse ao galego como “bandullo”, segundo o mesmo Suárez. Aínda que “en el vello oeste americano era como chamaban aos cociñeiros dos poboados e campamentos”.
Pregunta. Por que elixiron facer un rock clásico, sureño se se quere?
Respuesta. Bueno, tampouco diría que foi unha elección no sentido de dicir “imos facer rock”; simplemente é unha música que nos gusta dende sempre e que nos une a todos na banda, aínda que os gustos que temos son moi variados. Non somos moi de etiquetas: simplemente facemos cancións sen pensar máis alá, pero, loxicamente, todo conflúe nun estilo moi clásico con influencias do rock e do blues británico e estadounidense, ademais das afroamericanas ou da música country tradicional, porque, como comentei antes, son os sons cos que medramos todos na banda e onde nos saen as cousas de xeito máis natural.
P. Teñen, por exemplo, unha canción que se titula “Galician rain”, na que se fala, obvio, de Galicia. Pero, se o tivesen que explicar con palabras, que tanto os inflúe a súa orixe galega á hora de compoñer?
R. Está claro que ser galegos, mesmo facendo esta música, tamén nos inflúe. O lugar onde naces e vives é algo que dalgún xeito te moldea, pero non só na música, senón en todo. No caso de “Galician rain”, a choiva actúa como metáfora de que ás veces un confía en que haxa elementos, neste caso, a auga, que poidan limpalo todo, incluso a nostalxia, as malas decisións, etcétera, mesmo sabendo que as cousas non funcionan así. En todo caso, quen a escoite que a interprete como queira; tampouco é cuestión de poñerse intensos explicando as cancións: facémolas precisamente para iso, para despois non sermos uns plastas en persoa (risos).
P. Creen que o voso estilo pode limitalos en canto a convocatoria de público?
R. Estamos nunhas idades nas que non facemos isto porque busquemos palmadiñas nas costas. Facémolo porque é a música que nos sae facer e non hai nada máis detrás.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
LA REVISTA
La playlist de... Jay Doe
LA REVISTA
¿Blues y country folk clandestinos?
LA REVISTA
La playlist de... Pablo Amann
Lo último
ENTRE EL RESPALDO Y LAS CRÍTICAS A ESPAÑA
Los ministros de Interior de la UE afrontan este martes la tragedia humanitaria de Ceuta
MÍNIMO DE CASI DOS DÉCADAS
El paro sube en julio hasta los 2,31 millones pero el desempleo juvenil alcanza un mínimo histórico
DEL CALDEIRO A LA MESA
Carne ao caldeiro en Ourense: dónde comer este plato gallego en verano