LA REVISTA
La playlist de... Escuchando Elefantes
con texto
A revista Leer, vivísima desde 1985 en que fora activada por dous ourensáns: Alfonso S. Palomares e Heriberto Quesada, segue achegada á realidade cultural inmediata. O seu é un vivir nada alcanforado, senón fresquiño, atento ao que se coce nas rúas do presente. Xa que logo o Premio Nobel a Dylan non podía pasar desapercibido a esta revista, que logo dun percorrido intenso, Barrio de Salamanca, Chamberí, Paseo del Prado, atopou último encobo en Lavapiés, se cadra o sitio madrileño onde hai máis actividade cultural por metro cadrado. O cal que desde que o de Duluth, Minnesota, fora agraciado (aínda que cabería preguntar: ¿quen premiou a quen?) pola Academia Sueca a polémica estaba servida.
Por suposto que cadaquén pode opinar o que lle pete mais eu pediría que primeiro se documentasen. Porque estou vendo como no gremio escritor, ¡ai os corporativismos!, hai como unha certa unanimidade en deostar a Dylan, non como artista, claro, lástima fora. Aínda que como retrousaba o gran Benjamín Prado: consumado dylanita el mesmo: "que critiquen ao artista aínda o entendo mais ao escritor…" Eu vou alén e digo que todo en Dylan é bo. Que "rien á jeter", ou sexa "nada que desbotar", como na canción de Georges Brassens, outro no que recoñezo ao escritor de raza. Porque Dylan, alén de letrista ten traballado a poesía, a novela e máis o ensaio (autobiográfico "ma non troppo"). Pero, claro, compre entrar nel, analizalo, afondando nos seus contidos. En fin, que este número de Leer, ademais das sección habituais, ten varios artigos ao redor de Dylan, de Julio Valdeón Blanco, Javier Rioyo, eu mesmo. Tamén un editorial que xustifica a capa (partitura de Blowin´ in the wind, xunto ao título: "Dylan: la hora del trovador") da revista.
Os meus argumentos; unha parte mínima do que empreguei na miña tese doutoral, "El mundo poético dre Bob Dylan", de inmediata publicación. E que resumira, tamén con brevidade, nunha conferencia dictada hai uns poucos anos no Foro "La Región". E é que moitas veces é nas provincias onde se ve medrar a herba (amén de escoitala). Que llo pregunten a Don Vicente Risco, visionario ou anticipador de cousas e vangardas literarias. Risco, colaborador decotío en "La Región", outro dato.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
LA REVISTA
La playlist de... Escuchando Elefantes
Sílvia Rábade e Carlos Tajes
“Arder”: STOP incendios
PORTADA DE LA REVISTA
Manuel Arias, el doctor ourensano que cuida del cerebro
LA REVISTA
La playlist de... Miguel Marcos
Lo último
BRÚJULA DIGITAL
El conocimiento de toda una vida también puede vivir en internet
La Región
27 de junio
Son “planetas superesponjosos”
Descubren dos planetas gigantes tan ligeros que tienen menos densidad que el algodón de azúcar