“Lovismo” en Ourense

NOVA MÚSICA DE A BANDA DA LOBA

“Lovismo” chámase o novo de A Banda da Loba, que será presentado en O Carballiño o 22 de febreiro, no marco da xira nacional das galegas Andrea, Ronsel, Iria, Marcela e Xiana

A Banda da Loba
A Banda da Loba

Cunha xira nacional coa que recalarán en Ourense, máis precisamente en O Carballiño o 22 de febreiro, A Banda da Loba (ABDL) presenta “Lovismo”, un disco sucesor de “Bailando as rúas” (2017), “Fábrica de luz” (2019), “Hasme oír” (2021) e “Xabón Lagarta” (2022) que escenifica a carreira meteórica cara á popularidade do grupo galego que en 2021 gañou ou Premio Martín Códax pop e indie. Neste novo traballo o amor é o fío condutor porque, de acordo con Andrea, Estela, Iria, Marcela e Xiana, “é un bo momento para falar de amor” nun contexto local e mundial no que priman o odio, a crispación e o individualismo.

Pregunta.Como se lles ocorreu a temática do amor como fío condutor do disco e como o traballaron, nun contexto no que máis que amor parece haber odio?

Respuesta.Pois precisamente por isto que comentas, cremos que é un bo momento para falar de amor, porque o necesitamos e porque segue sendo o motor que nos move no día a día: o amor cara as persoas que nos rodean -amigas, compañeiras, familiares, parellas-, o amor cara ao noso, cara ás persoas que van chegando ás nosas vidas -como as fillas-, e tamén do amor cara a nós mesmas, tamén ao fío do que xa indicas, xa que estamos nun momento no que é pertinente pensar, por saúde mental, en como querernos e respectarnos, para dende ese lugar, poder querer ben.

P.Que atracción ten que ter un poema para vostedes para elixir musicalizalo. No caso de “Pelouro que roda” de Rosalía de Castro, como é a conexión que teceron con Bob Dylan?

R.No caso deste poema de Rosalía, nos cativou dende a primeira lectura. Nel, a autora, sempre tan vangardista e visionaria, emprega a metáfora dun pelouro que roda para aludir ao desexo e o pracer. Tendo presente esta imaxe, pareceunos que podía ser moi divertido conectalo coa canción de Bob Dylan “Like a Rolling Stone” moi posterior á publicación de “Follas Novas”, onde está recollido o poema. No relativo a outras musicalizacións, depende: hai veces que son frechazos, coma este caso, e noutras ocasións é o resultado dunha procura máis activa dentro da obra dunha autora.

P.O voso primeiro disco é de 2017 e xa son cinco, que balance fan e como perciben o futuro inmediato?

R.Sentímonos moi afortunadas da acollida que tivemos dende practicamente o primeiro concerto. Sempre estivemos arroupadas e sentimos que o noso traballo chega cada vez a máis xente. Estamos desexando poder compartir o novo espectáculo con todas as persoas que queiran achegarse aos concertos. Confiamos en que este “Lovismo” nos traia moitas alegrías.

Contenido patrocinado

stats