"Maus", o retrato dos campos de concentración nazis a través do cómic
“Maus” é a historia dun supervivente de Auschwitz, Vladek Spiegelman, narrada polo seu fillo art, o autor do libro. Pero, ademais, o autor tamén fai un retrato do seu padre na actualidade
Chego tarde a “Maus”, calquera amador dos “comic”, non é o meu caso, terán arribado hai moito a este clásico. E fico certamente conmocionado. Non xa pola temática; nazis e xudeus, horrendos campos de concentración polo medio, teñen ocupado obras literarias e gráficas abondo, senón pola maneira. En primeiro lugar porque se trata dunha novela.
E non unha novela adaptada ao “comic”, senón contada cos medios destes, o que fai dela algo novidoso e orixinal (no seu momento acadara o Pulitzer). Logo porque se trata da extrapolación gráfico-literaria do encontró entre Art Spiegelman, o autor de “Maus” e seu pai, Vladek. Este sobrevivinte, na súa condición de xudeu, aos campos de concentración. Áparte a difícil relación que pai e fillo sostiñan, ben visible neste docudrama. Non outra cousa que a plasmación dunha realidade tan terrible como a vivida no centro dunha Europa tan convulsa que mesmo o noso país xogara un rol, aínda que neutral, importante no seu devir bélico (a “Blau Division” non fora, precisamente, unha brincadeira).
Cousa chamativa, e por iso o título desta reseña, a animalización, ao Orwell, con propósitos non moi lonxanos aos do autor de “Maus”. Quen nos presenta aos xudeus como ratos, aos nazis como gatos, aos americanos como cans e aos polacos non xudeus, directamente como porcos. Todo un tratado zoolóxico para que cadaquén tire as súas propias conclusións.
Vladek, o protagonista, é todo un carácter, e a súa biografía e as súas andainas por lugares tan terribles tan ben reflectidas polo seu fillo, que ben poderían ter narradas por algún autor realista-naturalista. Eses que eu amo tanto que non puiden senón pensar neles ao ler este “comic” maxistral, que me reconcilia cun xénero que tanto traballei de cativo e aínda mozo, nun Ferrol no que os “tebeos” eran “chistes” e os lugares onde se vendían eran, xa que logo, “chisterías”.
Art Spiegelman, desta maneira, non soamente é debuxante maxistral senón narrador de sete estalos. E a edición de Reservoir Books, certamente exemplar. Eu, de vostedes, non ma perdería. Aínda que alguèn lles diga que o tema é moi forte. Naturalmente. ¿El logo que agardaban dunha historia, que non historieta, da Historia: unha tan terrorífica?
Contenido patrocinado
También te puede interesar
LA REVISTA
La playlist de... Abril
LA REVISTA
Folklore e modernismo con Abril
LA REVISTA
La playlist de... Fillas de Cassandra
Lo último
Manuel Baltar
Recetar termalismo
EMBAJADORA EMPRENDEDORES
Los innovadores caminaron por la Vía da Prata de Allariz
26, 27 y 28 DE JUNIO
Este verano, ojo al dato con el Basket Data Summit 2026 en Ourense
Luis Carlos de la Peña
CAMPO DO DESAFÍO
Las nuevas generaciones vivirán mejor