“Un saber” oral galego

LA REVISTA

Alana, grupo galego que mestura a música tradicional con ritmos de base electrónica e pop baixo unha exquisita produción musical, presenta “Un saber”, un disco cuxo título fai referencia ao saber popular das mulleres

Alana
Alana

Alana, grupo cunha proposta que parte das recollidas e mestura a música tradicional con ritmos de base electrónica e pop, nunha coidada e xa característica produción musical, presenta “Un saber”, un disco cuxo título fai referencia ao saber popular das mulleres, conta coas colaboracións de Pan.Sen.Fron, Guillerme Fernández, Casapalma, Galician Army, Charanga Benofán, Andrés Boutureira e Bieito Pereira, e esperta expectativa en Antía Vázquez (pandeireta, voz), Pablo Castro (percusións, gaita) e Eloy Vidal (produción musical, voz): “A acollida que está tendo o disco é moi boa; esperamos que neste verán a xente desfrute dos nosos concertos”.

Pregunta. Que hai de continuidade e que hai de cambio no disco “Un saber” en comparanza co debut “Ou xeito á Cántigha”?

Respuesta. Sempre dicimos que o novo disco non cambia moito en canto á esencia e a forma de entender a música. Durante este tempo de vida de Alana vivimos cousas a nivel personal e profesional que nos foron marcando no individual e no grupal, neste disco creo que se nota a experiencia que fomos adquirindo, sobre todo á hora de compoñer, producir e elixir temas ou melodías. Tamén quizáis nos sentimos máis libres á hora de experimentar con outros patróns rítmicos, sons.

P. O libro de Beatriz Busto Miramontes “Pandereteiras de Mens” oficiou como inspiración para “Un saber”. Pero, como o traballaron?

R. A idea de que as informantes moitas veces non valoraban o que facían como un saber en sí mesmo nos rondaba na cabeza dende fai tempo; deuse a casualidade de que cando empezamos a traballar nos novos temas, un de nós estaba lendo a obra de Beatriz Busto, que afondaba nesta idea de que moitas mulleres non pensaban no seu coñecemento como un saber directo. Reflexionando sobre as ideas do libro, xurdiu a idea de homenaxear este “saber” que consideramos que teñen as mulleres do noso país e que influen directamente en como entendemos e vivimos a música.

P. Hai hoxe moitos grupos galegos que fusionan o tradicional co moderno. Hai unha característica diferenciadora en Alana respecto do resto?

R. En Alana nos marca moito as cousas que pasan na recollida que non son propiamente música. Á hora de producir, escoller os instrumentos, pensar en colaboracións, deixámonos levar moito polos detalles e o que nos transmiten as informantes cando cantan. Por exemplo, na “Xota (de Juapita)” escóitase como Elisa lle pide a Delfina que colla unha pandeireta para acompañalas, e ela di “vou coller un plato”; é por eso que toda a instrumentación que se escoita son útiles que se poden atopar nunha cociña: plato, botella de anís, culleres, cunchas.

Contenido patrocinado

stats