SELECCIÓN MUSICAL
A playlist de... Familia Caamagno
Leopoldo Calvo-Sotelo, aquel home tan elegante e lanzal, con quen crucei saúdos no funeral do pobre Juan de la Cruz Yepes Szumlakowsky, ficará na historia da democracia española como unha nota a pé de páxina. A dun home tocado pola”jettatura” ou gafancia, a do sucesor de Adolfo Suárez, crucificado na súa investidura por aquel mangallón, fuxido dun circo barateiro, o gardacivil Tejero Molina.
Logo pouco tempo tivo para recompoñer o rumbo dun partido, o seu, UCD, definitivamente escarranchado. Mais Calvo-Sotelo, e Poesía en la tangente (non só por algúns dos poemas que neste libro están, senón pola entrevista que lle fai Jaime Siles e o donoso escrutinio da súa biblioteca, en materia poética maiormente) non me deixará mentir, é libro impensable nos presidentes da democracia hispana. Ningún deles dá a talla deste home, en materia intelectual, digo, e convido aos amantes da letra escrita a que se fagan co volume. Porque nel (poemas familiares á parte, de boa feitura en todo caso), hai non soamente un poeta, moi machadiano (Antonio) nos seus comezos, senón un deses que manexan a pluma satírica con carraxe quevediana, senón dos que manexan a técnica do poema con habelencia matemática.
Obviamente Leopoldo Calvo-Sotelo viña dunha escola na que se aprendía preceptiva literaria, e por parte de alguns dos dómines, os deste político, sen dúbida, o ensino de silabear sen facelo coa mesma técnica dixital das vellas de antes ao contar os diñeiros. Logo están certos aspectos da política, tamén do xornalismo, dos anos da Transición, feitos crónica por Leopoldo Calvo-Sotelo. De xeito que nomes como Ricardo de la Cierva, Sahagún, Cebrián, Anson ou Juan Tomás de Salas resultarán familiares ao lector do futuro por obra deste “fabbro” poético, de quen soamente sentimos que outros labores seus, políticos ou profesionais (Calvo-Sotelo era enxeñeiro de Camiños, desmentindo esa teoría que emparella a poesía con xente de carreiras de letras), non lle permitisen adicarse con máis prolixidade á arte poética. Para min fica, neste libro unha imaxe ben inesperada, que racha definitivamente a idea do político ágrafo (e cando non, autor de “Memorias”, un dicir, por persoa interposta).
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SELECCIÓN MUSICAL
A playlist de... Familia Caamagno
DÉCADA Y MEDIA DE TRAXECTORIA
Unha verbena galega
GRAN IMPORTANCIA ECONÓMICA
Valdeorras, una historia de éxito en la industria del vino
SELECCIÓN MUSICAL
A playlist de... Rebeliom do Inframundo
Lo último
Sociedad de Promoción Exterior Principado de Asturias
Bruno López, director general de Asturex: “Exportar requiere paciencia, constancia y músculo económico”
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
Escavacións arqueolóxicas nas orixes de Ourense: As Burgas (II)
CLAVES PARA UNA VIDA LARGA
Calidad de vida, alimentación de próximidad y ser activos mejoran la longevidad en Ourense