LA REVISTA
La playlist de... Escuchando Elefantes
BANDA OURENSÁ
«A amizade que se vive cando estás a aprender a vivir é irrepetible», asegura Carlos Rego, voz e guitarra da banda ourensá que completan Aser Álvarez en batería, Dani Alonso en baixo e Anxo Fernández en teclados, que presenta “La sombra de lo que fuimos”, adianto do segundo disco –tras “Aquí comigo” (2022)–, que editará en 2026 o combo debido de Cosecha Roja, Burgas Beat e Os Amigos dos Músicos.
Pregunta. “La sombra de lo que fuimos” semella referirse a un presente cuxa salvación reside na autenticidade do pasado. Que sentiches no teu presente que che motivou a escribir esta canción?
Respuesta. O título é equívoco. Cando falamos da sombra do que fomos adoitamos referirnos a algún tipo de decadencia, pero a sombra desta canción é protectora, vén do pasado para protexernos no presente. Sempre escribo a partir da experiencia persoal, e logo engado detalles que non o son tanto.
P. É a natureza inxenua das imaxes de nenos xogando no vídeo musical que acompaña a canción unha forma de reafirmar o contido da letra? Por que a escolla de imaxes tan antigas?
R. Porque as amizades que nacen cando estás medrando e permanecen no tempo teñen algo do que carecen as que vas facendo ao longo da túa vida. O que se vive e se experimenta na infancia e na adolescencia, cando estás aprendendo a vivir, é irrepetible.
P. O sinxelo principal do álbum marca a pauta de como será o resto? Que nos podes contar del?
R. Si e non. Hai máis cancións deste tipo, directas e de retrouso claro, pero tamén outras menos inmediatas. De cando en vez complicámonos a vida con arranxos e ambientes que se saen do que podemos facer en vivo. En directo gústanos ser sinxelos e ir ao gran, con intensidade e sen rodeos. No disco haberá cancións moi lentas, outras acústicas e algunha máis longa do habitual e de son máis rebuscado.
P. O próximo álbum será o segundo de Tesouro e unha continuación de moitos outros na túa carreira. Cales son as súas semellanzas e diferenzas co resto? Ten algunha particularidade que poidas destacar?
R. Supoño que a estas alturas teño un estilo de compoñer do que non podo fuxir, pero Tesouro é un grupo no que todos os compoñentes aportan no resultado final, moitas veces máis ca min. En realidade, este pode considerarse o primeiro disco de Tesouro como grupo, o primeiro traballado dende o comezo por nós os catro, algo que se vai notar moito no resultado final. Tamén a man de Manu G. Sanz, que gravou e mesturou as cancións, todo un artista.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
LA REVISTA
La playlist de... Escuchando Elefantes
Sílvia Rábade e Carlos Tajes
“Arder”: STOP incendios
PORTADA DE LA REVISTA
Manuel Arias, el doctor ourensano que cuida del cerebro
LA REVISTA
La playlist de... Miguel Marcos
Lo último
Terremoto en Venezuela
Los equipos de rescate localizan a 33 supervivientes bajo los escombros en Venezuela
GUERRA EN ORIENTE MEDIO
Nuevos ataques entre Estados Unidos e Irán debilitan una frágil paz