CINE | "Rifkin's Festival", o Woody Allen de todos os anos

Pantallas

"Rifkin´s Festival”, a última película do director neoyorquino ten moito de turisteo cultutal, neste caso a propósito do festival de San Sebastián o que fai que sexa un filme “de compromiso”

Publicado: 06 nov 2020 - 03:04 Actualizado: 06 nov 2020 - 21:48

rikgins_resultado
rikgins_resultado

Raro, rarísimo o ano en que non vexo a película coa que Woody Allen nos agasalla cada dúcia de meses (seica anda a preparar xa a vindeira). E alí estarei, contento cal coello na verza. Coa seguridade, iso si, de que en calquera momento pode volver algunha cousa tipo “Vicky Cristina Barcelona”, paradigma das películas “con postais”: París, Roma, San Francisco, San Sebastian, a última, a que veño de ver, “Rifkin´s Festival”.

O que pasa é que a primeira das citadas, cunha Scarlett Johansson que moi pouco tiña que ver coa marabillosa amante de “Match point”, se cadra a mellor producción da última época de Mr. Allen, tiña moito de antroidada, na que a acción pasaba de Barcelona a Oviedo, non máis que porque o Hotel Reconquista estaba aí (e hai estatua de Woody Allen na capital do Principado). “Rifkin´s Festival”, o último vals do director xudeu (notánselle moito unhas orixes non nada camufladas, e a voapaxaro vou mencionar como exemplo desa racialidade, “Días de radio”). “Rifkin´s Festival” ten, de novo, moito de turisteo cultural, neste caso (e o título non engana) a propósito do Festival de San Sebastián, e arredores, neles –desde logo- estampas da ría, da praia da Concha, e de restoráns varios dunha das capitais gastronómicas do mundo. Mais, esis a xenialidade deste director (e escritor, o seu recente libro de memorias, “A propósito de nada”, tampouco confinde), fai que unha película “de compromiso”, poñamos, acada desde o primeiro momento vóo de moita altura.

E iso porque a historia de dúas parellas, a que é, a que non termina de cadrar (cun adulterio, o que calla, o que non) como fondo, e dunha sentimentalidade que convence. Como este director, de amores/ odios. Eu estou, desde logo, na barra do amor a un director que me leva ano tras ano ao cinema máis próximo, asolagarme no seu pequeno, que muda no de todos nós. O que me fai pensar que se cadra por esa razón hai quen non atura as películas de Woody Allen, polo que teñen de espello que amola aos que se miran nel, porque non se queren recoñecer. Un pouco polo que de vandallos temos todos. Pois “arrojar la cara importa, que el espejo no hay por qué”. Isto é de Francisco de Quevedo, quen moi probablemente desfrutaría coas películas de Woody Allen. Coa actitude de Mia Farrow moito menos. Se cadra.

Contenido patrocinado

También te puede interesar

stats