Alana, trío musical: “Temos ganas de actuar en Laza polo mérito de facer o festival tralos lumes”
ENTREVISTA
Os coruñeses Antía Vázquez, Pablo Castro e Eloy Vidal formaron en 2023 Alana, un trío que mestura a música tradicional galega con sons modernos como o pop e a electrónica
Tralo seu primeiro álbum, “O xeito á cantigha”, Alana está a piques de rematar unha longa xira que os levou por distintas vilas do país e do Estado, pero tamén ao recoñecido Festival Intercéltico de Lorient, ou á presentación do Deportivo de La Coruña.
Este sábado actuarán en Laza, no IV festival rural e inclusivo Ponte Farruca, que contará tamén coas actuacións de Unto Vello e das Tanxugueiras en acústico, entre outras actividades ao longo da xornada, tras verse na obriga de adialo polos lumes de agosto.
Pregunta.Cando se coñeceron e como xurdiu a idea de formar esta banda cun nome tan evocador?
Respuesta.Pablo: A Eloy coñecíao dende hai moitos anos e traballamos xuntos. El foi quen escoitou a Antía facer unha colaboración na Sala Capitol con Ailá, e gustoulle moito a súa voz, polo que lle propuxo facer o tema “Foliada de Negreira”. Despois seguiron facendo cancións, pero facíalles falta alguén con outro tipo de instrumento de percusión, polo que pensou en min. Vímonos os tres por primeira vez e… ata hoxe.
P.Están cómodos coa etiqueta “tradi”? Cales son os seus referentes anteriores e actuais?
R.Antía: As etiquetas son sempre unha cuestión difícil, empregar a mesma para tódolos grupos quizais non é a forma máis axeitada, pero entendo que ás veces cómpre pór un nome para referirse a nós. Cada grupo é moi diverso e diferente e, se ben moitos de nós bebemos dunha fonte común, ao final cada un polas súas vivencias persoais e musicais dálle o seu propio “toque”. De feito, a nós mesmos cústanos definirnos. Respecto dos referentes, Eloy sempre tirou máis polo pop e a electrónica porque vén do mundo do canto moderno. E Pablo e máis eu crecimos dende pequenos no mundo da música tradicional galega. Se ben consumimos moito tipo de música, bebemos moito da xente que nos foi abrindo camiño: Berrogüetto, Leilía, Mercedes Peón…
P.Contentos por vir ao Ponte Farruca e a Laza tralo aprazamento?
R.A: Claro, é un festival que nos chamaba moito a atención e co que concordamos nos seus valores: un evento dende o rural, moitas veces autofinanciado, que busca sustentar o territorio e apoiar ao colectivo LGTBI+. Cando aconteceron os lumes deunos moita rabia porque hai xente que bota todo ano para facer algo así, con moito traballo e dificultades detrás. Despois dixéronnos que propuxéramos outra data e alegrámonos moito, xa que tiñamos ganas de participar nesde ‘festi’.
R.P: Imos co dobre de ganas, ten moito mérito que case completen o cartaz orixinal ao completo. Daremos o máximo para que isto siga adiante.
P.Este ano actuaron en Lorient e presentaron ao “Dépor”. Que metas teñen para o futuro?
R.P: Queremos seguir facendo o que nos gusta e que a xente siga desfrutando da nosa música. Queremos progresar como grupo mentres mantemos a nosa esencia. Dende o inicio tiñamos claro que queríamos facer un proxecto profesional, e pouco a pouco ir traballando para que sexa o mellor posible.
P.Síntense responsables de transmitir a nosa cultura fóra?
R.A: Si, pero tamén aquí. Temos unha situación co galego complexa, polo que é un gusto subir a un escenario e ver que somos referentes da lingua para os cativos. Gústanos ter esa responsabilidade e o idioma nunca é unha barreira. Vímolo en Francia, onde conectaron igualmente coa nosa música.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
RELEVO NA ORGANIZACIÓN
Fin de etapa da comisión do Entroido e Santo Cristo de Laza tras 10 anos
TRES DÉCADAS NA VILA
O sevillano que foi a Laza por azar e ficou para sempre por amor
Lo último
Jesús Prieto Guijo
LA OPINIÓN
Parricidio en El Palmar
Mariluz Villar
MUJERES
Hablar con Sophia
MANUEL FERRADÁS
Ferradás: una estirpe a golpe de cuchillo en O Carballiño
INVCITOS COMO LOCAL
Atlético Arnoia a seguir fuertes en casa ante el Pontevedra B