Cerdedelo, en Laza, volverá render culto á súa Virxe da Penatallada
ANTIGA LENDA E TRADICIÓN
A parroquia de Cerdedelo, en Laza, levará a figura da Virxe en procesión nun carro ata o monte da Penatallada, onde a lenda conta que se apareceu nunha rocha fronte a uns pastores
Un ano máis, a veciñanza da aldea lazá de Cerdedelo celebra a última fin de semana de maio as súas festas parroquiais, con actos relixiosos e outros festivos na honra da Virxe da Penatallada.
O momento máis salientable desta celebración con profundas raíces históricas e espirituais será o sábado 31 ás 12,30 horas, cando os veciños ascendan en procesión e nun carro dende a igrexa parroquial a imaxe da Virxe ata a súa capela no monte.
Tras descendela o primeiro de maio, co fin do mes retorna ao lugar onde permanece durante todo o ano, moi preto dunha rocha, unha “pena tallada”, cunha figura da Virxe á que dá nome.
A lenda conta que a Virxe aparecéuselle nesa propia rocha a uns pastores de Cerdedelo, e encomendoulles a tarefa de erguer a ermida da Nosa Señora da Pena Tallada, construída moito máis tarde, no século XIX. A capela sitúase a escasos metros desa propia pena tallada coa figura da Virxe, que protexe fronte as dores de cabeza.
A asociación de veciños Cerdedelo-Pereiro organiza xunto co Concello un programa de eventos que arranca o 30 de maio, venres, cunha pancetada de balde dende as 21,30 horas, e verbena á medianoite coa orquestra Pontevedra.
Sábado musical
A charanga NBA animará os pasarrúas e a sesión vermut con pulpeira, e entre medias a misa na capela contará coa participación da coral polifónica BSA da Gudiña. Ás 18,00 horas na igrexa parroquial terá lugar un concerto de zanfoñas co grupo Auriense, mentres que a sesión de tarde-noite correrá a cargo da orquestra La Travesía.
O domingo, 1 de xuño, unha alborada do grupo de faitas Feiticeiros do Son dará paso á misa e procesión en Penatallada, á 13,00 horas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Manuel Orío
RECORTES
La rebelión del hijo
NO ES UN HECHO AISLADO
Cae con 80 gramos de cocaína a los 4 días de una condena por drogas en Ourense
BORRASCA LEONARDO EN OURENSE
El temporal pasa factura en ambos institutos de Xinzo con aulas llenas de agua