A EDICIÓN MÁIS AMBICIOSA
A mocidade revive a tradición galega no Ponte Farruca
PATRIMONIO CULTURAL
O barrio alto de Cimadevila, en Laza, será este sábado 1 de agosto o escenario dunha xornada centrada na divulgación das tradicións do Entroido local. A partir das 17,00 horas, o local dende o que habitualmente inician os actos vespertinos do Luns Borralleiro acollerá unha charla monográfica dedicada á vaca Morena e ao seu séquito, sendo a primeira ocasión na que se abordará esta figura de xeito individual.
A conferencia estará impartida pola arqueóloga profesional e investigadora Nieves Amado Rolán, veciña de Laza. A proposta afondará nun das citas máis populares do Entroido lazao, que ano tras ano reúne a unha multitude cada luns pola tarde no ritual do descenso cara á Picota. Durante a cita, a propia Morena estará presente no espazo acompañada polos seus habituais toxos e cobelleiros.
A programación da tarde completarase con outras actividades de carácter etnográfico. Entre elas destaca un obradoiro e demostración sobre a elaboración de corozas, a cargo do artesán e investigador Álvaro M. Leiro, ademais dunha homenaxe á figura do Testamenteiro de Laza. O evento está promovido e organizado pola asociación de veciños Rigueiro Cáliz de Cimadevila.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
A EDICIÓN MÁIS AMBICIOSA
A mocidade revive a tradición galega no Ponte Farruca
PATRIMONIO CULTURAL
Laza afondará na Morena, figura clave do seu Entroido, cunha charla monográfica
Lo último
PRIMERA OFICINA
Modelos de IA eluden órdenes de sus creadores en OpenAI
FUNDACIÓN LÍNEA DIRECTA
Casi el 90% de los conductores en Galicia suspenderían hoy el examen teórico