A EDICIÓN MÁIS AMBICIOSA
A mocidade revive a tradición galega no Ponte Farruca
5,8 MILLÓNS
As obras de modernización da base da Brigada de Reforzo de Incendios Forestais (BRIF) de Laza avanzan segundo o previsto. Iniciadas en agosto de 2024, estas obras conta cun investimento de 5,8 millóns do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico e encaran xa á súa fase final co obxectivo de que a nova sede estea totalmente operativa en novembro. A intervención inclúe un novo edificio principal con inmobles auxiliares, a mellora do heliporto, un novo valado e a modificación do trazado do camiño de acceso.
Eladio Santos, subdelegado do Goberno, sinalou este martes durante unha visita á nova base de Laza que esta actuación busca “dotar o equipo da BRIF de Laza duns espazos máis funcionais, sostibles e seguros” . De cara ao verán, confirmou que o operativo está preparado “para actuar cando sexa preciso coa máxima profesionalidade”.
O alcalde de Laza, José Ramón Barreal, agradeceu a visita e encomiou o labor do persoal da BRIF. Ademais, sinalou que os membros da brigada “colocaron Laza no mapa como un sitio de referencia a nivel da loita contra os incendios forestais”.
O coordinador da BRIF de Laza, Bruno Ondoño, confirmou que o 17 de xuño iniciarán a campaña de extinción de lumes. Ata entón, os membros da brigada seguirán realizando tarefas de prevención.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
A EDICIÓN MÁIS AMBICIOSA
A mocidade revive a tradición galega no Ponte Farruca
PATRIMONIO CULTURAL
Laza afondará na Morena, figura clave do seu Entroido, cunha charla monográfica
Lo último