EMERGENCIAS Y RESCATE
El GES de Laza recibe un nuevo vehículo multiusos
BARREIRA NATURAL
Trala tempada de lumes do pasado verán, a creación e o mantemento de pasteiros establécense como unha ferramenta clave para potenciar o desenvolvemento rural, conservar a biodiversidade e protexer os ecosistemas agroforestais. Tamén son un impulso para a gandeiría en extensivo, unha actividade que contribúe de maneira directa á prevención dos incendios forestais.
Co obxectivo de seguir sumando máis destes espazos, a Consellería do Medio Rural investiu máis de 200.000 euros na mellora de dúas superficies de pasto nos concellos de Laza e Vilariño de Conso, que suman un total de 28,73 hectáreas.
O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, visitou este xoves as intervencións executadas e salientou a repercusión positiva destes traballos para a contorna rural e a protección do territorio.
En Laza, a actuación tivo lugar en 22,6 hectáreas do monte veciñal de Alberguería, cun orzamento de 170.000 euros. Neste espazo realizáronse labores de roza mecanizada, roturación, encalado, sementado e fertilización, xunto coa instalación dun peche perimetral de máis de dous quilómetros, creouse unha zona cun galpón e un bebedeiro, e arranxouse o camiño de acceso.
En Vilariño de Conso destináronse 42.000 euros ao acondicionamento de 6,13 hectáreas no monte de Aceveda ou Coto de Castiñeira, con tarefas encamiñadas ao fomento da pradaría e a retirada o peche perimetral previo para substituílo por un novo que supera os 900 metros de lonxitude.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EMERGENCIAS Y RESCATE
El GES de Laza recibe un nuevo vehículo multiusos
ADQUISICIÓN DE VIVENDA
Laza terá un museo etnográfico dedicado ao Entroido e ao Santo Cristo
AVOGADA DAS DORES DE CABEZA
Cerdedelo, en Laza, dedica tres días de festa e culto á Virxe da Pena Tallada
Lo último
POLÉMICA POR LAS RESPONSABILIDADES
El tren que provocó 8 incendios en Ourense era de mercancías, pero Adif defiende que es de una empresa "ajena a Renfe" y no depende de ellos
CONSULTA LAS CATEGORÍAS
Adif convoca oposiciones con 1.531 nuevas plazas: estos son los perfiles