EL CUARTO MÁS BARATO DE ESPAÑA
Leiro, entre los más baratos para comprar casa en Galicia
ERNESTO ROMERO É TOTÒ
“Cine Paraíso, Leiro” é o título da nova longametraxe documental do director, guionista, profesor e xornalista italo-galego Simone Saibene, colaborador de La Región e presentador de Telemiño, e que se está a gravar estes días en Leiro, Ribadavia e Vigo.
O filme é un retrato sobre a figura de Ernesto Romero, o proxeccionista e xestor do Novocine de Leiro, e cuxa vida garda un paralelismo con Totò, o protagonista do mítico filme italiano “Cinema Paradiso” (1988), obra de Giuseppe Tornatore, e que acadou o Oscar a mellor película de fala non inglesa.
Saibene afirma que con este novo documental busca reflectir “a poesía que proxecta o Novocine. O cine de Leiro ten un encanto especial. Ademais de dinamizar culturalmente o rural durante os últimos corenta anos, nun tempo non moi afastado chegou a ser a vangarda, sendo o único cine 3D de Galicia”.
Ernesto Romero e o seu cinema son o punto de partida para un documental “atípico, vital”, que abrangue diferentes temas: os soños, a esencia fantasmal do cine, o paso do tempo e un novo enfoque sobre o rural. En “Cine Paraíso, Leiro” falarase de cine, pero tamén do proceso de evolución do rural e a importancia da súa sala de cinema como dinamizadora cultural da comarca.
Nas súas conversas con Romero, Simone Saibene chegou á conclusión de que “Ernesto Romero é Totò”: “O proxeccionista a miúdo comparouse co neno Totò de ‘Cinema Paradiso’. Hai unha compenetración moi evidente entre o personaxe da película e a vida real de Ernesto. Sobre todo úneos o amor temperá polo cine. Ademais, o nome ‘Novo Cine’ é unha referencia directa ao título italiano da película de Tornatore, ‘Nuovo Cinema Paradiso’”.
O cineasta afonda aínda máis na ligazón do xestor do cinema de Leiro co cinema: “É un Fitzcarraldo. O seu carácter, soñador e loitador, ten algo que ver co protagonista do filme de Werner Herzog intepretado por Klaus Kinski. Romero é un visionario, un romántico amante da ópera e dos gramófonos, que en vez de construir un teatro da ópera na Amazonas, levantou un cine 3D e un museo no rural”.
“Cine Paraíso, Leiro” levou ao cineasta a gravar en Leiro durante estes últimos tres anos en diferentes ocasións. Esta semana está previsto que remate a rodaxe na comarca, e terá lugar un día de gravación en Vigo, nos almacéns da histórica distribuidora galega Baños Films, así coma no Teatro García Barbón, onde Romero traballou hai máis de corenta anos.
No reparto técnico do filme figuran o habitual director de fotografía das películas de Saibene, Jairo Iglesias, o músico Paolo “Apollo” Negri e a montadora Andrea Bouzo. A cinta obtivo unha axuda para o seu desenvolvemento de Agadic, e conta co apoio da Deputación. A súa estrea está prevista para o vindeiro ano.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EL CUARTO MÁS BARATO DE ESPAÑA
Leiro, entre los más baratos para comprar casa en Galicia
EL TIRO EMPEZÓ A ARDER
La chimenea de una casa causa un incendio en Lebosende, Leiro
ERNESTO ROMERO É TOTÒ
O Novocine de Leiro, eixe do novo documental de Saibene
Hotel Monumento
San Clodio sigue a medio gas tras prorrogar la concesión
Lo último